Un idioma preciso

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

O sabor das margaridas foi a primeira serie en galego na plataforma internacional de distribución de contidos Netflix e acadou grande éxito en todo o mundo distribuíndose en galego con subtítulos a outros idiomas. Tamén Cuñados, unha película rodada e distribuída en galego que está a gañar o favor do público. E o noir galego... "Hai que rematar co mito de que as cousas en galego non se venden fóra. Claro que se venden, o que hai que ter é calidade"


icono de ABAIXO

A porcentaxe de galego na programación infantil e xuvenil é do 4,6% durante a semana e cae ao 2,7% na fin de semana, e está garantida por unha única canle, a TVG. Por iso máis de 33.000 persoas asinaron a prol da iniciativa “Xabarín”, d'A Mesa, para aumentar a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín” dispoñible en todas as plataformas e que forneza programas, xogos e outros contidos audiovisuais para a xente nova en galego.

Calendario

« Out, 2021 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

As linguas dos TFG e TFM de 2020

Xunto cos datos sobre a lingua empregada polo profesorado para impartir a súa docencia, os datos sobre o idioma en que o alumnado redacta e defende os seus traballos de fin de grao ou máster, son moi importantes para interpretar e diagnosticar cal é a situación lingüística na USC. Imos aló!

Martes, 04 de maio de 2021

Tese en galego? Por que non?

Estás a elaborar a túa tese de doutoramento? Se redactala en galego é unha das posibilidades que barallas (e, abofé, se o tes claro), lembra que tes moito a favor. A USC protexe a túa elección e apóiate con axudas.

Martes, 27 de abril de 2021

XVII Premios á calidade lingüística

A USC convoca unha nova edición –a décimo sétima- dos “Premios á calidade lingüística”, co obxectivo de fomentar o uso do galego entre o estudantado, como parte da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos académicos, TFG e TFM.

Martes, 27 de abril de 2021

Terminoloxía con formatos visuais

“A palabra exacta”, “técnico & popular” e “BIOtermos” son tres iniciativas de divulgación de terminoloxía nos eidos da economía e a empresa, a medicina e a bioloxía, baseadas na utilización de imaxes e no seu espallamento a través das redes sociais. A elas cómpre unir o concurso “Foto-termos”.

Martes, 27 de abril de 2021

Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)

Cal é a túa área de interese? Literatura? Arte? Historia? Xeografía? Química sostible? Que soporte se che dá ben? A palabra? A fotografía? O vídeo? Do que non hai dúbidas é de que podes facelo en galego e levares premio. Velaquí varios concursos que che poden interesar, organizados polas comisións de normalización lingüística de cadanseu centro.

Martes, 27 de abril de 2021

As linguas da docencia da USC

O uso das linguas na docencia global de todas as titulacións da USC deste curso 2020-2021 pode describirse, redondeando, con tres cifras: 74-22-4.

Luns, 22 de febreiro de 2021

Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022

Tras ser aprobado polo Claustro do pasado 2 de decembro, a USC conta cun novo documento que guiará a política de normalización lingüística ata 2022. Axunta un total de vinte e sete accións repartidas nos eidos do goberno e a xestión, a docencia, a investigación e a proxección universitaria.

Luns, 22 de febreiro de 2021

As vacinas, en 125 termos esenciais

O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de publicar ‘Termos esenciais de vacinas’, unha listaxe de 125 denominacións en galego de bUSCatermos que describen conceptos relacionados cos antíxenos, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización.

Luns, 22 de febreiro de 2021

A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?

Este galardón recoñece o esforzo a prol do uso da lingua galega na Universidade e leva o nome do profesor de Dereito Civil que  pronunciou a primeira lección en galego da USC.

Venres, 19 de febreiro de 2021

Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas

O Curso de Habilidades Comunicativas é unha actividade formativa telepresencial cuxo obxectivo é mellorar as competencias comunicativas para a elaboración e defensa de traballos académicos, TFG, TFM e teses. A convocatoria dos cursos do segundo cuadrimestre suscitou un grande interese entre o alumnado.

Venres, 19 de febreiro de 2021