Pasa a folla

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Mércores, 24 de febreiro de 2021

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO

A finais do pasado mes de abril a Real Academia Galega presentou Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO, unha análise sobre as competencia lingüísticas en galego e castelán dos escolares galegos ao finalizaren a educación secundaria obrigatoria (4º curso da ESO).

A investigación, baixo a coordinación de Xaquín Loredo, do Seminario de Sociolingüística da RAG, e Bieito Silva, da Facultade de Ciencias da Educación da USC, dálle continuidade á realizada en 2009 polo Instituto de Ciencias da Educación da USC. Ambas buscan coñecer se se está a cumprir o mandado establecido na Lei de Normalización Lingüística de que, ao remate do ensino obrigatorio,  o alumnado debe contar con capacidade para desenvolverse por igual nas dúas linguas oficiais de Galicia, o galego e o castelán.

O estudo, baseado nunha mostra de 26 centros e case 600 rapaces de 4º da ESO no curso 2018-19, non achega cambios cualitativos en relación á investigación de 2009, pero agudiza o desequilibrio detectado hai dez anos, xa que revela moita menor presenza do galego na docencia do ensino privado e o menor coñecemento da lingua por parte do alumnado deste tipo de centros, nun lapso de tempo que coincide co da aplicación do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.

Cada vez máis os nenos e as nenas dependen do ámbito escolar para aprender a lingua galega, debido á ruptura da cadea de transmisión interxeracional operada nas familias nas últimas décadas. Neste senso, cómpre sinalar que 18% dos estudantes da mostra tiñan como lingua inicial o galego; o 44 % tanto o galego como o castelán e o 36%, só o castelán. Case o 70% respondeu que fala única ou preferentemente o castelán, e un 30% só ou preferentemente galego.

O idioma das clases

A maioría dos centros educativos galegos que formaron parte do estudo teñen como lingua ambiental maioritaria o castelán; os escasos centros nos que o galego prima sobre o castelán están situados en zonas rurais, teñen alumnado de procedencia rural e son de titularidade pública. No que se refire á lingua da escritura nas clases, nos centros privados/concertados o castelán ocupa case o 80%, mentres que nos centros públicos a distribución entre as dúas linguas é máis equilibrada. Segundo estes datos, estaríase a incumprir o Decreto para o plurilingüismo, que establece o principio de garantía do máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia.

Competencias desiguais en castelán e galego

De maneira global, o alumnado amosa unha competencia máis alta en castelán ca en galego e ao debullar os datos, percíbense diferenzas importantes segundo o perfil lingüístico do alumnado, o seu hábitat (rural ou urbano) e a titularidade do centro en que estuda (público ou privado). Esas diferenzas afectan sobranceiramente ás destrezas orais e ao léxico, e escasamente ás capacidades escritas. Por outra banda, os resultados sobre as competencias en castelán son semellantes nos centros públicos, privados e concertados.

O 35% do alumnado deste estudo, que corresponde fundamentalmente ao perfil de mozos e mozas castelanfalantes que residen na contorna urbana ou periurbana, presenta unha escasa competencia en galego, especialmente para comunicarse oralmente e en canto á comprensión léxica. Ademais, existen notables diferenzas de xénero na expresión oral, máis pobre entre os rapaces. Pola contra, a mocidade galegofalante, residente principalmente en zonas rurais, tende a unha competencia bilingüe equilibrada nas dúas linguas.

Canto á titularidade do centro de ensino, non se manifestan diferenzas nas competencias en castelán, pero esta variable si que inflúe no dominio do galego. Arredor dun 55% do alumnado dos centros privados e un 40% dos concertados remata a ESO cunha capacidade aceptable para se expresar por escrito en castelán, pero con problemas para facelo en galego; o alumnado dos centros públicos acada unhas competencias mellores e máis equilibradas nas dúas linguas. Malia estas diferenzas, non se atoparon diferenzas entre os centros privados e públicos nas cualificacións académicas obtidas en lingua galega e literatura e lingua castelá e literatura.

Vistos os resultados destes e doutros estudos, o presidente da RAG, Vítor Freixanes, advertiu de que o modelo lingüístico vixente no sistema educativo está consolidando e agravando os desequilibrios existentes no canto de compensalos e que non se está a cumprir axeitadamente o obxectivo da Lei de normalización lingüística do ano 82 (que o alumnado remate o ensino obrigatorio con igualdade de competencias nas dúas linguas oficiais); neste senso, reclamou medidas de diversa natureza para reverter o retroceso do galego na mocidade.

 

 

 

 

MARÍA ISABEL VAQUERO QUINTELA

Mércores, 12 de maio de 2021