Pasa a folla

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Mércores, 24 de febreiro de 2021

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Se desfrutar de traducións á lingua propia dos grandes clásicos da cultura e o pensamento conta como proba da vitalidade desa lingua, logo o galego pode estar de noraboa. A Universidade de Santiago de Compostela contribúe cunha colección, «Clásicos do Pensamento Universal», que coeditan a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación BBVA dende o ano 2002 e que dirixe dende a súa posta en marcha o ex-reitor e catedrático de Teoría da Literatura Darío Villanueva.

Clásicos do Pensamento Universal está constituída por obras de Platón, Aristóteles, Euclides, Séneca, Maquiavelo, Erasmo, Mouro, Newton, Lavoisier, Hobbes, Darwin, Stuart Mill, Bernard, Von Neumann, Freud, Popper, MacLuhan, Stephen Hawking… autores (sempre masculinos, ata agora, coa excepción de Rachel Carson) que poden lerse en galego nesta colección á que en 2020 se sumaron dous novos títulos: O pensamento salvaxe, do etnólogo Claude Lévi-Strauss e Cadros da natureza, de Alexander von Humboldt.

O pensamento salvaxe foi traducido polo profesor de Filoloxía Francesa Carlos Pérez Varela. A obra, que conta cun prólogo do profesor de Xenética Jose M. Álvarez-Castro, tenta comprender a condición humana e investigar sobre os fundamentos antropolóxicos da humanidade procurando aquilo que todas as culturas temos en común.

Pola súa banda, a profesora de Filoloxía Alemá Rosa Marta Gómez Pato encargouse de verter ao galego Ansichten der Natur, como Cadros da natureza, o libro máis popular de Humboldt, amante da natureza. A obra, que se caracteriza polo seu tratamento estético do mundo natural, tivo traducións a once idiomas e influíu fondamente en moitos científicos e artistas posteriores, así como nos fundadores do movemento ambientalista americano, e, en xeral, en todo o pensamento biolóxico e científico moderno, no cal se insire o catedrático  de Edafoloxía Francisco Díaz-Fierros.

Xa son, deste xeito, trinta e tres os títulos de obras senlleiras da ciencia e o pensamento universais vertidos ao noso idioma en coidadas traducións a cargo dos nosos mellores especialistas, no que constitúe unha importante tarefa de normalización lingüística e cultural.

Sen dúbida, unha magnífica oportunidade de achegarse aos clásicos do pensamento universal cunha coidada edición e cunhas extraordinarias traducións á nosa lingua. Ademais, agora algunhas das obras publicadas xa se poden descargar libremente en formato pdf desde o web do Servizo de Publicacións da USC.
 

levystrauss

ISABEL VAQUERO QUINTELA

Mércores, 24 de febreiro de 2021