Pasa a folla

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Mércores, 24 de febreiro de 2021

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega

Se hai unha parte na aprendizaxe dunha lingua allea que sempre nos dá moito que roer esa é a da fraseoloxía. É doado de entender: a fraseoloxía une a través de metáforas cousas distantes pero que teñen (ou tiveron) algún punto en común por mor da historia, da cultura, da paisaxe... polo que as palabras significan algo diferente, normalmente de carácter metonímico ou metafórico. Entender a fraseoloxía e aprender a usala con soltura demostra o máximo dominio dunha lingua, “algo que está por riba do nivel C2; algo que só teñen ordinariamente os nativos; e nativos con moita aldea ou con moito mar”, di Ferro Ruibal no Prólogo do Manual práctico de fraseoloxía galega.

A fraseoloxía da lingua propia adoita aprenderse de xeito natural, escoitando a familia e as amizades. E aínda que a rapidez dos cambios sociais dos últimos tempos lle está afectando á adquisición da fraseoloxía en todas as linguas, pois en moitos casos pérdense os referentes (pensemos por exemplo nos relacionados con traballos agrícolas como “en agosto arder e patacas coller”), aínda máis evidente no caso das linguas minorizadas, pois a esa eiva úneselle a superposición da fraseoloxía da lingua “A” presente especialmente nos medios de comunicación, cinema, música, etc. Por iso son tan importantes todos os esforzos non só para recompilar frases, ditos e refráns nunha lingua coma a nosa, senón para aprendérllela ás persoas interesadas.

O Manual práctico de fraseoloxía galega que edita o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, inclúe unha selección duns 800 fraseoloxismos e un repertorio de 120 refráns vinculados tematicamente, clasificados conceptualmente e organizados en nove unidades temáticas: (1) accións vitais; (2) aspecto físico; (3) carácter; (4) sentimentos e emocións; (5) relacións; (6) problemas, éxito, fracaso; (7) comunicación e conversa; (8) cartos e (9) tempo meteorolóxico. A elas engádeselle unha unidade final de revisión.

As nove unidades temáticas resultan moi amenas grazas á variedade dos recursos empregados: textos iniciais que usan as frases e refráns de xeito contextualizado; listas en táboas temáticas, que facilitan a aprendizaxe por proximidade ou asociación; ata un cento de ilustracións que axudan a visualizar a imaxe do sentido literal e derivala ao significado figurado –creadas por Evaristo Corujo, Tito; citas que reforzan a comprensión; contraste dalgunhas frases  (comer coma un pito; estar nos ósos; ter os pés na terra...) coas doutras linguas europeas (as cinco linguas hispánicas mais francés, italiano, inglés e alemán) e que permite descubrir a linguaxe figurativa doutras linguas e asemade reforzar a nosa; un apartado de humor, tirando de viñetas de Luís Davila que representan interaccións orais relacionadas coa fraseoloxía vista na unidade; a sección “Sabías que...?” ofrece curiosidades que axudan a entender o porqué dalgúns dos fraseoloxismos e refráns da unidade.

E exercicios. Moitos exercicios! Por volta de vinte en cada unidade. Os exercicios con refráns, por exemplo, uns esixen memoria para completalo, outros reconstruír o proceso dende o concepto e outros estimulan a memoria sabendo que neles a rima é esencial. Moitos exercicios están extraídos do uso real na prensa, na literatura ou na internet co seu contexto, o que lles dá veracidade e eficacia.

Finalmente, “Fraseoloxismos e refráns desta unidade” presenta as formas canónicas, os significados e os exemplos de uso co obxectivo de facilitar a comprensión das unidades, a súa descodificación e aprendizaxe de variantes e sinónimos.

A Unidade 10 presenta 100 exercicios para repasar o aprendido, así como un solucionario. Ademais, ofrece tamén un glosario de ditos e outro de refráns, todos ordenados pola palabra principal.

 “Con este manual aprenderás fraseoloxía galega e acabarás falando con arte”. En efecto, o método creado por M. Carmen Losada Aldrey, Alba Cid Fernández e Xurxo Fernández Carballido resulta un método xeitoso para aprender fraseoloxía e paremioloxía galega. É dicir, para dar trela, pois anima a falar con liberdade, dá confianza para conversar moito e sen preocuparse.

??? Author ???

Martes, 19 de setembro de 2017