Pasa a folla
Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO
Mércores, 12 de maio de 2021
Lévy-Strauss e Humboldt, en galego
Mércores, 24 de febreiro de 2021
Termos esenciais de logopedia e audioloxía
Martes, 26 de novembro de 2019
Novos títulos en galego nos Clásicos do Pensamento Universal
Xoves, 07 de marzo de 2019
Guía dos elementos químicos
Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Pasa a folla: Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social
Martes, 06 de novembro de 2018
Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo
Mércores, 27 de xuño de 2018
Bivir. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
Luns, 14 de maio de 2018
Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión)
Xoves, 29 de marzo de 2018
Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992–2016
Venres, 02 de marzo de 2018
Sacar a lingua é de mala educación
Venres, 22 de decembro de 2017
Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)
Mércores, 08 de novembro de 2017
Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega
Martes, 19 de setembro de 2017
O Ximnasio dos Verbos
Venres, 02 de xuño de 2017
Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia
Domingo, 30 de abril de 2017
Xerais Básicos Ciencia
Mércores, 29 de marzo de 2017
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización
Mércores, 08 de marzo de 2017
Guía Breve para a Nomenclatura de Química Inorgánica
Xoves, 26 de xaneiro de 2017
A lingua na educación infantil
Mércores, 14 de decembro de 2016
Novas normas UNE en galego
Martes, 31 de maio de 2016
Atlas Lingüístico Galego. "Léxico: Terra, plantas e árbores"
Mércores, 27 de abril de 2016
Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés)
Martes, 08 de marzo de 2016
Vocabulario panlatino de sistema de transportes intelixentes
Sábado, 27 de febreiro de 2016
Informe de educación infantil 2015
Venres, 18 de decembro de 2015
Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo
Mércores, 28 de outubro de 2015
Modelos de lingua e compromiso
Mércores, 04 de marzo de 2015
Termos esenciais de administración electrónica
Luns, 02 de febreiro de 2015
Censo de poboación galego 2011 e lingua
Xoves, 30 de outubro de 2014
Novos vocabularios de dereito administrativo, redes sociais e biocarburantes
Xoves, 18 de setembro de 2014
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Xoves, 03 de abril de 2014
GCiencia, ciencia galega
Xoves, 20 de febreiro de 2014
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Venres, 29 de novembro de 2013
"Ollos de aula" e "A letra miúda", revistas da CGENDL
Xoves, 10 de outubro de 2013
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico
Martes, 21 de maio de 2013
Termos esenciais de dereito civil
Martes, 30 de abril de 2013
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Venres, 29 de marzo de 2013
Normas UNE en galego
Venres, 15 de febreiro de 2013
Termos esenciais de dereito internacional
Venres, 21 de decembro de 2012
Vocabulario forestal (galego-español-inglés)
Venres, 28 de setembro de 2012
Dicionario Moderno Inglés-Galego
Luns, 02 de xullo de 2012
A evolución sociolingüística 1992-2008. O idioma galego na sociedade
Mércores, 06 de xuño de 2012
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Luns, 30 de abril de 2012
Novo dicionario (electrónico) da Real Academia Galega
Luns, 23 de abril de 2012
Dicionario xurídico galego
Martes, 06 de marzo de 2012
Dicionario de química
Martes, 24 de xaneiro de 2012
Ecolingüística: por unha lingüística con ética
Mércores, 07 de decembro de 2011
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Luns, 07 de novembro de 2011
Meubook: máis ca unha libraría en liña
Luns, 04 de xullo de 2011
Breve dicionario galego de termos teatrais
Luns, 30 de maio de 2011
Cartografía dos apelidos de Galicia
Martes, 03 de maio de 2011
Dicionario galego de pedagoxía
Xoves, 24 de marzo de 2011
Dicionario de Arte
Luns, 28 de febreiro de 2011
Vocabulario panlatino de material de oficina
Martes, 01 de febreiro de 2011
Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán
Xoves, 02 de decembro de 2010
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Martes, 02 de novembro de 2010
Manual básico de documentación administrativa e xurídica
Luns, 31 de maio de 2010
Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro
Mércores, 28 de abril de 2010
Un idioma preciso, de Xusto A. Rodríguez Río
Luns, 22 de marzo de 2010
Nova Escola Galega e a lingua. 25 anos na defensa do idioma.
Luns, 22 de febreiro de 2010
Dicionario galego das TIC
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Neste nadal, agasalla con argumentos a prol do galego
Xoves, 17 de decembro de 2009
Un Gran Xerais enriba da mesa
Luns, 30 de novembro de 2009
EuroComRom: As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas
Venres, 30 de outubro de 2009
Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés)
A USC, a través do seu Instituto de Criminoloxía (ICUS), o terceiro que se creou en España, tras os de Barcelona e Madrid, leva máis de trinta anos impartindo docencia en criminoloxía, a través de sucesivos plans de estudo de títulos propios, e de materias optativas, primeiro na licenciatura e agora no grao en Dereito. Mais aínda se ve obrigado a aspirar a impartir no futuro o Grao en Criminoloxía, título oficial xa implantado en varias universidades españolas. Precisamente, pensando nese futuro, ao director do Instituto de Criminoloxía, Fernando Vázquez-Portomeñe e ao ao persoal docente do ICUS pareceulles conveniente traballar para ter a súa terminoloxía normalizada para daquela e poder afrontar a impartición da docencia do grao tamén en galego. Por suposto tamén lles será útil a todos os profesionais que actualmente traballan no eido da criminoloxía e queren utilizar o noso idioma.
Os traballos de planificación comezaron en 2012 e foi a finais de 2015 cando viu a luz o Vocabulario de Criminoloxía, sétimo volume da colección “Vocabularios Temáticos” da USC. Foi coordinado polos profesores da Facultade de Dereito e do Instituto de Criminoloxía Gumersino Guinarte e Fernando Vázquez-Portomeñe e por Xusto Rodríguez Río, do SNL, pero na súa realización colaboraron trece docentes máis dos eidos da psiquiatría, médicina legal, dereito, política, psicoloxía ou socioloxía, disciplinas que conflúen no estudo e desenvolvemento da ciencia criminolóxica.
Alma do canón, antehélice, asañamento, pegada, marcas de luvas ou iatroxenia son algúns dos 1.880 termos básicos da criminoloxía en galego que recolle o vocabulario, xunto coas súas equivalencias en español e inglés.
O vocabulario segue a estrutura que xa é habitual nos vocabularios e glosarios do SNL:
- Un primeiro bloque recolle as 1.880 entradas con toda a súa información (categoría gramatical, área temática, sinónimos e variantes, equivalencias en español e inglés e notas), numeradas e ordenadas pola súa denominación galega.
- Unha serie de índices ordenan alfabeticamente por linguas os equivalentes de cada un dos conceptos e remiten á entrada en que se empregan.
O Vocabulario de Criminoloxía pode consultarse libremente a través da base de datos bUSCatermos. Tamén está editado en papel, coa colaboración da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), e pódese adquirir exemplares ou consultar en formato .pdf.
Este traballo súmase á colección de vocabularios e glosarios especializados que a Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC vén elaborando desde o ano 1993.
??? Author ???
Martes, 08 de marzo de 2016