Pasa a folla
Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO
Mércores, 12 de maio de 2021
Lévy-Strauss e Humboldt, en galego
Mércores, 24 de febreiro de 2021
Termos esenciais de logopedia e audioloxía
Martes, 26 de novembro de 2019
Novos títulos en galego nos Clásicos do Pensamento Universal
Xoves, 07 de marzo de 2019
Guía dos elementos químicos
Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Pasa a folla: Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social
Martes, 06 de novembro de 2018
Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo
Mércores, 27 de xuño de 2018
Bivir. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
Luns, 14 de maio de 2018
Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión)
Xoves, 29 de marzo de 2018
Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992–2016
Venres, 02 de marzo de 2018
Sacar a lingua é de mala educación
Venres, 22 de decembro de 2017
Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)
Mércores, 08 de novembro de 2017
Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega
Martes, 19 de setembro de 2017
O Ximnasio dos Verbos
Venres, 02 de xuño de 2017
Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia
Domingo, 30 de abril de 2017
Xerais Básicos Ciencia
Mércores, 29 de marzo de 2017
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización
Mércores, 08 de marzo de 2017
Guía Breve para a Nomenclatura de Química Inorgánica
Xoves, 26 de xaneiro de 2017
A lingua na educación infantil
Mércores, 14 de decembro de 2016
Novas normas UNE en galego
Martes, 31 de maio de 2016
Atlas Lingüístico Galego. "Léxico: Terra, plantas e árbores"
Mércores, 27 de abril de 2016
Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés)
Martes, 08 de marzo de 2016
Vocabulario panlatino de sistema de transportes intelixentes
Sábado, 27 de febreiro de 2016
Informe de educación infantil 2015
Venres, 18 de decembro de 2015
Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo
Mércores, 28 de outubro de 2015
Modelos de lingua e compromiso
Mércores, 04 de marzo de 2015
Termos esenciais de administración electrónica
Luns, 02 de febreiro de 2015
Censo de poboación galego 2011 e lingua
Xoves, 30 de outubro de 2014
Novos vocabularios de dereito administrativo, redes sociais e biocarburantes
Xoves, 18 de setembro de 2014
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Xoves, 03 de abril de 2014
GCiencia, ciencia galega
Xoves, 20 de febreiro de 2014
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Venres, 29 de novembro de 2013
"Ollos de aula" e "A letra miúda", revistas da CGENDL
Xoves, 10 de outubro de 2013
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico
Martes, 21 de maio de 2013
Termos esenciais de dereito civil
Martes, 30 de abril de 2013
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Venres, 29 de marzo de 2013
Normas UNE en galego
Venres, 15 de febreiro de 2013
Termos esenciais de dereito internacional
Venres, 21 de decembro de 2012
Vocabulario forestal (galego-español-inglés)
Venres, 28 de setembro de 2012
Dicionario Moderno Inglés-Galego
Luns, 02 de xullo de 2012
A evolución sociolingüística 1992-2008. O idioma galego na sociedade
Mércores, 06 de xuño de 2012
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Luns, 30 de abril de 2012
Novo dicionario (electrónico) da Real Academia Galega
Luns, 23 de abril de 2012
Dicionario xurídico galego
Martes, 06 de marzo de 2012
Dicionario de química
Martes, 24 de xaneiro de 2012
Ecolingüística: por unha lingüística con ética
Mércores, 07 de decembro de 2011
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Luns, 07 de novembro de 2011
Meubook: máis ca unha libraría en liña
Luns, 04 de xullo de 2011
Breve dicionario galego de termos teatrais
Luns, 30 de maio de 2011
Cartografía dos apelidos de Galicia
Martes, 03 de maio de 2011
Dicionario galego de pedagoxía
Xoves, 24 de marzo de 2011
Dicionario de Arte
Luns, 28 de febreiro de 2011
Vocabulario panlatino de material de oficina
Martes, 01 de febreiro de 2011
Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán
Xoves, 02 de decembro de 2010
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Martes, 02 de novembro de 2010
Manual básico de documentación administrativa e xurídica
Luns, 31 de maio de 2010
Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro
Mércores, 28 de abril de 2010
Un idioma preciso, de Xusto A. Rodríguez Río
Luns, 22 de marzo de 2010
Nova Escola Galega e a lingua. 25 anos na defensa do idioma.
Luns, 22 de febreiro de 2010
Dicionario galego das TIC
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Neste nadal, agasalla con argumentos a prol do galego
Xoves, 17 de decembro de 2009
Un Gran Xerais enriba da mesa
Luns, 30 de novembro de 2009
EuroComRom: As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas
Venres, 30 de outubro de 2009
Censo de poboación galego 2011 e lingua
Á espera de que o Instituto Galego de Estatística (IGE) remate de debullar os datos a respecto do coñecemento e uso das linguas que emanan do Censo de poboación e vivendas 2011 (só se poden consultar ata agora en relación aos municipios e non en relación con outras variantes moi importantes como a idade das persoas enquisadas), os datos xa publicados confirman, por unha banda, que a comprensión do galego en Galiza é case universal (98,6%) e que máis do 90% da poboación se sente capacitada para falalo; e por outra banda, confirman un aumento dos usos bilingües en Galicia.
En efecto, segundo os datos do Censo do IGE en 2001 era o 30% da poboación a que declaraba usar o galego ás veces, mentres que é o 45% en 2011. A suposta bondade deste dato hai que matizala. Segundo os estudos anteriores sobre as condicións de vida das familias galegas do IGE ou os mapas sociolingüísticos galego de 1992 e de 2004, do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, non se incorporan a este bilingüismo en igual medida os castelán e os galegofalantes, senón o 1% dos primeiros e o 13% dos segundos.
Todos estes estudos confirman a tendencia ao aumento do bilingüismo a custa, fundamentalmente, do monolingüismo en galego. Os mapas sociolingüísticos galegos distinguen dúas opcións para o que no Censo de 2011 abranguen como “falar galego ás veces”: “máis castelán” e “máis galego”, e no MSG de 2004 revélase unha suba importante de 9,3 puntos da categoría “máis castelán” e unha caída do 7,6 na de “máis galego” con respecto ao MSG de 1992. Xa que logo, o bilingüismo revela en realidade, a mesma dirección cara a unha maior castelanización.
Ademais, a desgaleguización non leva o mesmo ritmo en toda a sociedade. Como volve evidenciar o IGE 2011, está moito máis avanzada nas cidades e as súas contornas: Pontevedra, Vigo e, moi especialmente, en Ferrol e A Coruña, mentres que Santiago, Ourense e Lugo resisten mellor. Só en 8 dos 315 concellos do país aumentou o uso cotián do galego: Cerdido, Tordoia, Val do Dubra, Toques, Portomarín, San Xoán de Río, Sarreaus, e Ponte Caldelas.
Os anteditos estudos alertan insistentemente de que está máis acelerado por idade nos grupos máis novos mentres que a poboación maior de 65 anos é a que sostén, fundamentalmente, os datos máis favorables ao galego; xa que logo, a medida que esta vaia desaparecendo, o uso do galego como lingua única habitual tamén esmorecerá. Ademais, tamén advirten estoutros estudos de que o uso do galego se distribúe desigualmente por clases sociais (alta/baixa). Existe, logo, unha verdadeira fenda lingüística territorial e social.
Con todo, hai base para a esperanza. O galego segue contando cunha forte raizame. Un pacto social e político, unha política lingüística seria, ben dotada economicamente, que responda ao Plan Xeral de Normalización aprobado, que se execute con rigor, que asocie o galego á innovación, ao cambio, ao dinamismo persoal e social, semellan fulcrais para garantir unha vida plena para o noso idioma e para os seus falantes. E estas mesmas receitas deben aplicarse nas universidades galegas.
Xoves, 30 de outubro de 2014