Pasa a folla
Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO
Mércores, 12 de maio de 2021
Lévy-Strauss e Humboldt, en galego
Mércores, 24 de febreiro de 2021
Termos esenciais de logopedia e audioloxía
Martes, 26 de novembro de 2019
Novos títulos en galego nos Clásicos do Pensamento Universal
Xoves, 07 de marzo de 2019
Guía dos elementos químicos
Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Pasa a folla: Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social
Martes, 06 de novembro de 2018
Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo
Mércores, 27 de xuño de 2018
Bivir. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
Luns, 14 de maio de 2018
Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión)
Xoves, 29 de marzo de 2018
Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992–2016
Venres, 02 de marzo de 2018
Sacar a lingua é de mala educación
Venres, 22 de decembro de 2017
Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)
Mércores, 08 de novembro de 2017
Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega
Martes, 19 de setembro de 2017
O Ximnasio dos Verbos
Venres, 02 de xuño de 2017
Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia
Domingo, 30 de abril de 2017
Xerais Básicos Ciencia
Mércores, 29 de marzo de 2017
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización
Mércores, 08 de marzo de 2017
Guía Breve para a Nomenclatura de Química Inorgánica
Xoves, 26 de xaneiro de 2017
A lingua na educación infantil
Mércores, 14 de decembro de 2016
Novas normas UNE en galego
Martes, 31 de maio de 2016
Atlas Lingüístico Galego. "Léxico: Terra, plantas e árbores"
Mércores, 27 de abril de 2016
Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés)
Martes, 08 de marzo de 2016
Vocabulario panlatino de sistema de transportes intelixentes
Sábado, 27 de febreiro de 2016
Informe de educación infantil 2015
Venres, 18 de decembro de 2015
Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo
Mércores, 28 de outubro de 2015
Modelos de lingua e compromiso
Mércores, 04 de marzo de 2015
Termos esenciais de administración electrónica
Luns, 02 de febreiro de 2015
Censo de poboación galego 2011 e lingua
Xoves, 30 de outubro de 2014
Novos vocabularios de dereito administrativo, redes sociais e biocarburantes
Xoves, 18 de setembro de 2014
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Xoves, 03 de abril de 2014
GCiencia, ciencia galega
Xoves, 20 de febreiro de 2014
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Venres, 29 de novembro de 2013
"Ollos de aula" e "A letra miúda", revistas da CGENDL
Xoves, 10 de outubro de 2013
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico
Martes, 21 de maio de 2013
Termos esenciais de dereito civil
Martes, 30 de abril de 2013
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Venres, 29 de marzo de 2013
Normas UNE en galego
Venres, 15 de febreiro de 2013
Termos esenciais de dereito internacional
Venres, 21 de decembro de 2012
Vocabulario forestal (galego-español-inglés)
Venres, 28 de setembro de 2012
Dicionario Moderno Inglés-Galego
Luns, 02 de xullo de 2012
A evolución sociolingüística 1992-2008. O idioma galego na sociedade
Mércores, 06 de xuño de 2012
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Luns, 30 de abril de 2012
Novo dicionario (electrónico) da Real Academia Galega
Luns, 23 de abril de 2012
Dicionario xurídico galego
Martes, 06 de marzo de 2012
Dicionario de química
Martes, 24 de xaneiro de 2012
Ecolingüística: por unha lingüística con ética
Mércores, 07 de decembro de 2011
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Luns, 07 de novembro de 2011
Meubook: máis ca unha libraría en liña
Luns, 04 de xullo de 2011
Breve dicionario galego de termos teatrais
Luns, 30 de maio de 2011
Cartografía dos apelidos de Galicia
Martes, 03 de maio de 2011
Dicionario galego de pedagoxía
Xoves, 24 de marzo de 2011
Dicionario de Arte
Luns, 28 de febreiro de 2011
Vocabulario panlatino de material de oficina
Martes, 01 de febreiro de 2011
Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán
Xoves, 02 de decembro de 2010
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Martes, 02 de novembro de 2010
Manual básico de documentación administrativa e xurídica
Luns, 31 de maio de 2010
Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro
Mércores, 28 de abril de 2010
Un idioma preciso, de Xusto A. Rodríguez Río
Luns, 22 de marzo de 2010
Nova Escola Galega e a lingua. 25 anos na defensa do idioma.
Luns, 22 de febreiro de 2010
Dicionario galego das TIC
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Neste nadal, agasalla con argumentos a prol do galego
Xoves, 17 de decembro de 2009
Un Gran Xerais enriba da mesa
Luns, 30 de novembro de 2009
EuroComRom: As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas
Venres, 30 de outubro de 2009
Termos esenciais de arquitectura de computadores
O profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC Elisardo Antelo Suárez, xunto co técnico de Terminoloxía do SNL Xusto Rodríguez Río, son os autores de Termos esenciais de arquitectura de computadores, traballo presentado o pasado día 14 de marzo no CITIUS da Universidade, que naceu da proposta da Comisión de Normalización Lingüística da ETSE de elaborar e distribuír glosarios galego-español-inglés para os distintos ámbitos de coñecemento implicados na docencia e na investigación desenvolvida neste centro.
http://citius.usc.es/
Os Termos esenciais de arquitectura de computadores estrutúrase, como todos os glosarios da colección “Termos esenciais”, en dous grandes bloques. O primeiro, cerna do traballo, son propiamente os «termos esenciais», ordenados alfabeticamente pola súa denominación en galego, coas súas equivalencias en castelán e inglés. Trátase de 676 termos relacionados coa descrición funcional dos requirimentos e implementacións de deseño para varias partes dun computador e que se poden englobar en procesadores, sistemas de interconexión, núcleos de procesamento, unidades funcionais, control, memoria caché, sistema de memoria principal, sistema de almacenaxe secundaria, sistema de computación gráfica ou sistemas de computación.
O segundo bloque de Termos esenciais de arquitectura de computadores constitúeno os índices alfabéticos, que desta volta consta, ademais do de español, do de inglés, dada a prevalencia deste idioma no ámbito. As dúas partes remítense entre si mediante numeración. Deste xeito, é doado acceder a toda a información deste glosario con independencia da lingua desde a que se inicie a consulta: se busca información sobre un concepto cuxo nome galego coñece, debe buscalo dentro do corpus de entradas dos Termos esenciais. Pola contra, se o dato de que parte a súa procura é un nome noutra lingua, debe dirixirse ao índice remisivo correspondente e ver a qué entrada se remite; a continuación, abondará con que a busque no corpus de entradas para que atope os datos que precisa.
Daquela, non só podemos buscar as correspondencias castelá e inglesa de termos como arredondamento, copia de seguridade, encamiñamento, memoria de paxinamento rápido, planificador en urdimes, rañura de cinta, unidade de descodificación de instrucións.., ou ben buscar polos respectivos termos en castelán ou inglés.
O glosario preséntase só en formato dixital, dado o altísimo grao de innovación tecnolóxica deste sector, que ha requirir actualizacións e ampliacións periódicas, tanto para incorporar e nomear as novas tecnoloxías e dispositivos que irán aparecendo, como para suprimir algúns que poidan ir perdendo a súa vixencia.
A edición en formato .pdf permite unha visualización e manexo semellante á dun libro tradicional; a presentación nun ficheiro cos datos no estándar TBX (TermBase eXchange) facilita o intercambio e a reutilización desta información noutros produtos terminolóxicos, xunto co feito de se difundir o baixo a licenza Recoñecemento-NonComercial 3.0 de Creative Commons.
http://www.usc.es/export9/sites/cartafol/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/arquitecturacomputadores.pdf
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/formatado-estandar-para-a-terminoloxia-tbx-e-agora-unha-norma-iso/
A totalidade dos termos está incorporada á base de datos da nosa universidade, bUSCatermos, na que se pode consultar en aberto toda a terminoloxía elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística e moita outra allea.
www.usc.buscatermos
Unha nova achega que arrequenta, dende un punto de vista máis específico, especializado e actual, os traballos terminográficos no eido da informática.
http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/biblio-term_INF.html
??? Author ???
Luns, 30 de abril de 2012