Pasa a folla

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Mércores, 24 de febreiro de 2021

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario de química

Este 2011 que acabamos de rematar celebrouse o Ano Internacional da Química, conmemorado con forza entre nós no II Día da Ciencia en Galego.  Foron moitos os actos organizados nos centros de ensino e de divulgación científica de Galicia; un dos máis recentes a publicación do Dicionario de química por parte da Universidade da Coruña.

Este traballo amplía e complementa outros anteriores que, como o Diccionario das ciencias da natureza e da saúde de Luís Daviña Facal (Deputación da Coruña, 2000), o Vocabulario de química (USC, 2002) ou Profesionaliza a túa lingua: física e química (UDC, 2006), atendían central ou tanxencialmente a este ámbito de especialidade. O seu principal valor engadido é a súa amplitude (máis de 7000 entradas) e a inclusión de definicións para cada unha delas.

As súas propias dimensións permítenlle acoller a terminoloxía básica, interesante para quen comeza a estudar esta materia ou para quen se achega a ela desde outras áreas do coñecemento, e á vez non deixar fóra conceptos moito máis complexos e especializados, útiles para usuarios cun maior nivel de formación. Posiblemente o perfil profesional dos autores (Ramón Vilalta López, Juan José Guillín Fraga, Antonio Varela Caamaño), docentes no ensino secundario, estea na orixe deste duplo enfoque.

Amais deste contido principal, o Dicionario complétase con outra serie de materiais:

  • Un glosario galego-inglés-castelán-portugués dunhas 1200 entradas, que inclúe os conceptos máis básicos da disciplina, os nomes dos elementos químicos e do instrumental de laboratorio.
    É mágoa que a súa evidente utilidade se vexa limitada polo feito de non ordenar alfabeticamente as entradas en linguas distintas do galego, pois así dificúltanse as buscas que pretendan tomar unha delas como punto de partida. Aínda que certo é que este tipo de consultas pode realizarse nos vocabularios que indicamos máis arriba.
  • Unha serie de apéndices, entre os que se inclúen unha táboa periódica, ilustracións de material de laboratorio, táboas dos grupos funcionais máis frecuentes en química orgánica e dos prefixos e sufixos máis frecuentes ou unha lista das persoas premiadas co Premio Nobel de Química.
  • Artigos temáticos distribuídos ao longo do texto, nos que se desenvolven determinados conceptos básicos (acidez, átomo, auga, carbón, carbono...) cun enfoque enciclopédico e divulgativo.

Ao manexar o Dicionario pódese comprobar como os autores repiten algunhas das técnicas que xa puxeron en práctica nun seu traballo anterior (Dicionario de física, Editorial Baía, 2005), e que facilitan a 'navegación' polo seu interior. Penso sobre todo no feito de marcar con asteriscos nas definicións aquelas palabras ás que se lles dedica unha entrada propia, ou en optar por unha ordenación alfabética discontinua na que as entradas sintagmáticas se colocan no punto que lles corresponde segundo a súa primeira palabra (calor, calor atómica, calor de adsorción... calor normal de reacción, caloría, calórico...). E por iso mesmo, sorprende que este criterio non se siga cando un nome propio entra a formar parte da denominación, de tal forma que o número de Avogadro non aparece canda os outros números, senón despois de Avogadro, hipótese de e antes de axente alquilante.

Aquí e acolá, tamén se detectan pistas e virtudes da colaboración entre o equipo de especialistas e o lingüista que se encargou da revisión do traballo. Así, o tratamento dos sinónimos é máis coherente do que é habitual en obras tan extensas, e con capacidade de transmitir recomendacións sobre denominacións preferibles (os autores optan por aconsellar o emprego da denominación que aparece definida, mentres que as entradas que remiten a ela considéranse alternativas correctas pero secundarias). Tamén se perciben os resultados desa colaboración na reflexión explícita recollida na "Presentación" sobre o tratamento das secuencias -ze-/-zi-, ou na actitude fronte aos estranxeirismos, prudente pero consciente da necesidade de incluír dentro do corpus de entradas os máis instalados no uso.

O resultado final é un dicionario que amplía en extensión, profundidade e calidade a produción galega no ámbito da química, e que se vai converter nunha referencia para os profesionais ou os estudantes que queiran desenvolver en galego as súas actividades.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Martes, 24 de xaneiro de 2012