Pasa a folla

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Mércores, 24 de febreiro de 2021

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Vocabulario panlatino de material de oficina

Se hai algo que temos en común todas as persoas que estudamos ou traballamos na universidade, malia a crecente presenza na nosa vida da informática,  é a utilización de material como folios, lapis, cintas de embalaxe, selos, afialapis, fluorescentes, pinza suxeitapapeis... Ás veces temos dúbidas sobre como se denomina tal ou cal obxecto, e é frecuente que os denominemos con todo tipo de termos inexactos.  Outras veces, case non sabemos a que se refiren algúns vocábulos técnicos deste mundo; suxerimos que pescuden polo catálogo de produtos da Imprenta Universitaria...

bureau

O Office québécois de la langue française (OQLF) e a Rede panlatina de termino­loxía (Realiter) presentaron o Vocabulario panlatino de material de oficina, unha nomenclatura de 47 conceptos asociados a artigos de uso habitual en oficinas e despachos, que parte dun primeiro vocabulario francés-inglés, editado polo Office québécois de la langue française, e ao que se lle engaden as equivalencias en catalán, español, galego, italiano, portugués e romanés, por parte de Realiter, cuxo obxectivo é difundir e promover as linguas románicas que «reclaman o seu lexítimo espazo nas comunicacións científicas e técnicas ao lado da lingua vehicular en que deveu o inglés».

O Vocabulario panlatino de material de oficina presenta para cada concepto cando menos un equivalente nas oito linguas diferentes, sendo a lingua de partida o francés, idioma en que tamén se presenta a definición. Todos os termos son seguidos entre parénteses dunha indicación gramatical adaptada á lingua de que se trate. A obra remata cun índice xeral multilingüe, unha lista con todos os termos presentados seguidos da indicación da lingua á que pertencen e do número do artigo ao que remiten. Xa que logo, con esta obra non só coñeceremos os termos exactos que denominan no noso idioma eses pequenos obxectos que utilizamos acotío no noso quefacer laboral, senón que saberemos a súa denominación noutras linguas.

A versión galega dos conceptos que integran o Vocabulario panlatino de material de oficina foi realizada polos técnicos do Servizo de Normalización Lingüística da USCManuel C. Núñez Singala e Xusto Rodríguez Río, xunto con Vicente Mirazo Angueira, da Imprenta da USC.

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Martes, 01 de febreiro de 2011