Pasa a folla
Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO
Mércores, 12 de maio de 2021
Lévy-Strauss e Humboldt, en galego
Mércores, 24 de febreiro de 2021
Termos esenciais de logopedia e audioloxía
Martes, 26 de novembro de 2019
Novos títulos en galego nos Clásicos do Pensamento Universal
Xoves, 07 de marzo de 2019
Guía dos elementos químicos
Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Pasa a folla: Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social
Martes, 06 de novembro de 2018
Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo
Mércores, 27 de xuño de 2018
Bivir. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
Luns, 14 de maio de 2018
Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión)
Xoves, 29 de marzo de 2018
Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992–2016
Venres, 02 de marzo de 2018
Sacar a lingua é de mala educación
Venres, 22 de decembro de 2017
Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)
Mércores, 08 de novembro de 2017
Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega
Martes, 19 de setembro de 2017
O Ximnasio dos Verbos
Venres, 02 de xuño de 2017
Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia
Domingo, 30 de abril de 2017
Xerais Básicos Ciencia
Mércores, 29 de marzo de 2017
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización
Mércores, 08 de marzo de 2017
Guía Breve para a Nomenclatura de Química Inorgánica
Xoves, 26 de xaneiro de 2017
A lingua na educación infantil
Mércores, 14 de decembro de 2016
Novas normas UNE en galego
Martes, 31 de maio de 2016
Atlas Lingüístico Galego. "Léxico: Terra, plantas e árbores"
Mércores, 27 de abril de 2016
Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés)
Martes, 08 de marzo de 2016
Vocabulario panlatino de sistema de transportes intelixentes
Sábado, 27 de febreiro de 2016
Informe de educación infantil 2015
Venres, 18 de decembro de 2015
Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo
Mércores, 28 de outubro de 2015
Modelos de lingua e compromiso
Mércores, 04 de marzo de 2015
Termos esenciais de administración electrónica
Luns, 02 de febreiro de 2015
Censo de poboación galego 2011 e lingua
Xoves, 30 de outubro de 2014
Novos vocabularios de dereito administrativo, redes sociais e biocarburantes
Xoves, 18 de setembro de 2014
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Xoves, 03 de abril de 2014
GCiencia, ciencia galega
Xoves, 20 de febreiro de 2014
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Venres, 29 de novembro de 2013
"Ollos de aula" e "A letra miúda", revistas da CGENDL
Xoves, 10 de outubro de 2013
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico
Martes, 21 de maio de 2013
Termos esenciais de dereito civil
Martes, 30 de abril de 2013
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Venres, 29 de marzo de 2013
Normas UNE en galego
Venres, 15 de febreiro de 2013
Termos esenciais de dereito internacional
Venres, 21 de decembro de 2012
Vocabulario forestal (galego-español-inglés)
Venres, 28 de setembro de 2012
Dicionario Moderno Inglés-Galego
Luns, 02 de xullo de 2012
A evolución sociolingüística 1992-2008. O idioma galego na sociedade
Mércores, 06 de xuño de 2012
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Luns, 30 de abril de 2012
Novo dicionario (electrónico) da Real Academia Galega
Luns, 23 de abril de 2012
Dicionario xurídico galego
Martes, 06 de marzo de 2012
Dicionario de química
Martes, 24 de xaneiro de 2012
Ecolingüística: por unha lingüística con ética
Mércores, 07 de decembro de 2011
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Luns, 07 de novembro de 2011
Meubook: máis ca unha libraría en liña
Luns, 04 de xullo de 2011
Breve dicionario galego de termos teatrais
Luns, 30 de maio de 2011
Cartografía dos apelidos de Galicia
Martes, 03 de maio de 2011
Dicionario galego de pedagoxía
Xoves, 24 de marzo de 2011
Dicionario de Arte
Luns, 28 de febreiro de 2011
Vocabulario panlatino de material de oficina
Martes, 01 de febreiro de 2011
Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán
Xoves, 02 de decembro de 2010
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Martes, 02 de novembro de 2010
Manual básico de documentación administrativa e xurídica
Luns, 31 de maio de 2010
Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro
Mércores, 28 de abril de 2010
Un idioma preciso, de Xusto A. Rodríguez Río
Luns, 22 de marzo de 2010
Nova Escola Galega e a lingua. 25 anos na defensa do idioma.
Luns, 22 de febreiro de 2010
Dicionario galego das TIC
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Neste nadal, agasalla con argumentos a prol do galego
Xoves, 17 de decembro de 2009
Un Gran Xerais enriba da mesa
Luns, 30 de novembro de 2009
EuroComRom: As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas
Venres, 30 de outubro de 2009
Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán
Unha das eivas da política lingüística galega durante os dezasete anos de vixencia da Lei de normalización lingüística de 1983 é a falta de avaliación. A LNL establece que ao remate do ensino obrigatorio o alumnado debe coñecer o galego e o castelán por igual, e ata agora nunca se dera a coñecer ningún estudo de carácter científico que permitira saber en que medida se está conseguindo ese obxectivo que establece a LNL e, de non ser así, poñer en marcha medidas que permitan corrixir os desequilibrios.
Para comezar a superar esta carencia, no inicio do curso 2008-2009 a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia encargoulle ao Instituto de Ciencias da Educación da USC un traballo de investigación que permita avaliar de xeito comparado a competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas castelán e galego, e coñecer a súa relación con variables sociolingüísticas, socioeconómicas e pedagóxias.
Como resultado desa investigación hai un par de meses viu a luz Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán, unha publicación do ICE da USC e da Xunta de Galicia, da autoría dun equipo de investigadores/as coordinado polo profesor Silva Valdivia.
Os investigadores deseñaron unha serie de probas e cuestionarios (que se poden consultar no propio volume) que aplicaron a unha mostra de 1153 estudantes (sobre algo máis de 21.000 alumnos de 4º da ESO, o que dá un índice de confianza do 95%) entre marzo e xuño de 2009. As conclusións máis xerais que extraen os autores son as seguintes:
- A competencia é superior en castelán, tanto na expresión oral como na escrita.
- As diferenzas son maiores na escritura ca na oralidade, e as subcompetencias en que se manifestan máis son as relacionadas co código (gramática e léxico).
- As diferenzas en expresión oral e escrita que poden atribuírse a variables sociodemográficas e sociolingüísticas concéntranse especialmente nos estudantes que residen en núcleos urbanos, que son monolingües en castelán que pertencen a familias de nivel socioprofesional medio-alto.
- Os datos xerais das probas de gramática e léxico non ofrecen diferenzas relevantes entre os dous idiomas, mais a súa distribución por variables sociodemográficas e sociolingüísticas presentan dous perfís bastante diferenciados: por unha banda, os residentes en contornas rurais e máis galegófonos acadan mellores resultados en galego, mentres que os máis urbanos e máis castelanófonos, en castelán.
O equipo subliña que de ningún xeito se pode entender o estudo como un resultado definitivo sobre o estado da cuestión, senón máis ben, como un informe cero que debe ser complementado con novos afondamentos en asuntos que non foron tratados nesta investigación, en enfoques ou en poboacións obxecto de estudo.
Sen dúbida un primeiro achegamento de interese, ao que deberían seguir máis en busca dun meirande afondamento, tal e como coidan os seus autores.
M ISABEL VAQUERO QUINTELA
Xoves, 02 de decembro de 2010