Pasa a folla
Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO
Mércores, 12 de maio de 2021
Lévy-Strauss e Humboldt, en galego
Mércores, 24 de febreiro de 2021
Termos esenciais de logopedia e audioloxía
Martes, 26 de novembro de 2019
Novos títulos en galego nos Clásicos do Pensamento Universal
Xoves, 07 de marzo de 2019
Guía dos elementos químicos
Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Pasa a folla: Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social
Martes, 06 de novembro de 2018
Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo
Mércores, 27 de xuño de 2018
Bivir. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
Luns, 14 de maio de 2018
Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión)
Xoves, 29 de marzo de 2018
Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992–2016
Venres, 02 de marzo de 2018
Sacar a lingua é de mala educación
Venres, 22 de decembro de 2017
Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)
Mércores, 08 de novembro de 2017
Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega
Martes, 19 de setembro de 2017
O Ximnasio dos Verbos
Venres, 02 de xuño de 2017
Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia
Domingo, 30 de abril de 2017
Xerais Básicos Ciencia
Mércores, 29 de marzo de 2017
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización
Mércores, 08 de marzo de 2017
Guía Breve para a Nomenclatura de Química Inorgánica
Xoves, 26 de xaneiro de 2017
A lingua na educación infantil
Mércores, 14 de decembro de 2016
Novas normas UNE en galego
Martes, 31 de maio de 2016
Atlas Lingüístico Galego. "Léxico: Terra, plantas e árbores"
Mércores, 27 de abril de 2016
Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés)
Martes, 08 de marzo de 2016
Vocabulario panlatino de sistema de transportes intelixentes
Sábado, 27 de febreiro de 2016
Informe de educación infantil 2015
Venres, 18 de decembro de 2015
Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo
Mércores, 28 de outubro de 2015
Modelos de lingua e compromiso
Mércores, 04 de marzo de 2015
Termos esenciais de administración electrónica
Luns, 02 de febreiro de 2015
Censo de poboación galego 2011 e lingua
Xoves, 30 de outubro de 2014
Novos vocabularios de dereito administrativo, redes sociais e biocarburantes
Xoves, 18 de setembro de 2014
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Xoves, 03 de abril de 2014
GCiencia, ciencia galega
Xoves, 20 de febreiro de 2014
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Venres, 29 de novembro de 2013
"Ollos de aula" e "A letra miúda", revistas da CGENDL
Xoves, 10 de outubro de 2013
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico
Martes, 21 de maio de 2013
Termos esenciais de dereito civil
Martes, 30 de abril de 2013
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Venres, 29 de marzo de 2013
Normas UNE en galego
Venres, 15 de febreiro de 2013
Termos esenciais de dereito internacional
Venres, 21 de decembro de 2012
Vocabulario forestal (galego-español-inglés)
Venres, 28 de setembro de 2012
Dicionario Moderno Inglés-Galego
Luns, 02 de xullo de 2012
A evolución sociolingüística 1992-2008. O idioma galego na sociedade
Mércores, 06 de xuño de 2012
Termos esenciais de arquitectura de computadores
Luns, 30 de abril de 2012
Novo dicionario (electrónico) da Real Academia Galega
Luns, 23 de abril de 2012
Dicionario xurídico galego
Martes, 06 de marzo de 2012
Dicionario de química
Martes, 24 de xaneiro de 2012
Ecolingüística: por unha lingüística con ética
Mércores, 07 de decembro de 2011
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Luns, 07 de novembro de 2011
Meubook: máis ca unha libraría en liña
Luns, 04 de xullo de 2011
Breve dicionario galego de termos teatrais
Luns, 30 de maio de 2011
Cartografía dos apelidos de Galicia
Martes, 03 de maio de 2011
Dicionario galego de pedagoxía
Xoves, 24 de marzo de 2011
Dicionario de Arte
Luns, 28 de febreiro de 2011
Vocabulario panlatino de material de oficina
Martes, 01 de febreiro de 2011
Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán
Xoves, 02 de decembro de 2010
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Martes, 02 de novembro de 2010
Manual básico de documentación administrativa e xurídica
Luns, 31 de maio de 2010
Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro
Mércores, 28 de abril de 2010
Un idioma preciso, de Xusto A. Rodríguez Río
Luns, 22 de marzo de 2010
Nova Escola Galega e a lingua. 25 anos na defensa do idioma.
Luns, 22 de febreiro de 2010
Dicionario galego das TIC
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Neste nadal, agasalla con argumentos a prol do galego
Xoves, 17 de decembro de 2009
Un Gran Xerais enriba da mesa
Luns, 30 de novembro de 2009
EuroComRom: As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas
Venres, 30 de outubro de 2009
Un idioma preciso, de Xusto A. Rodríguez Río
Se hai algo que diferencie a linguaxe popular da empregada habitualmente nas comunicacións técnicas e científicas é a súa precisión. Se o común das persoas, para referírmonos a eses legumes brancos que lle botamos ao caldo ou á fabada, dicimos feixón ou faba, un especialista probablemente as denomine como faba loba ou chícharo bravo, dependendo da variedade de que se trate e da situación. En todas as linguas é posible denominar con precisión, mediante termos específicos, todos os conceptos que cumpra, e por suposto, tamén os científicos. Ás veces hai que adaptar as denominacións dos achados científicos e técnicos feitos noutras linguas, sexa a través de neoloxismos ou a través da habilitación de termos que xa existen no idioma, actualizándoos. A necesidade é común á maioría dos idiomas, e os problemas e procedementos tamén se utilizan en todas as linguas, incluída a nosa.
Un idioma preciso nace no ano 2002 como proxecto de presentación, discusión e difusión das propostas de solucións terminolóxicas que ían aparecendo nos traballos diarios de corrección de textos científicos e de resolución de problemas terminolóxicas do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Pensando en ampliar o máis posible a diana de público obxectivo, evitouse empregar unicamente o sitio web do SNL e apostouse por un espazo científico, aceptando o convite dun medio de divulgación da ciencia galega, en galego e a través de Internet, CanalCiencia. Este foi o espazo en que Xusto Rodríguez Río, técnico da Área de Terminoloxía do SNL, comezou a publicar as súas precisións, e polo que resultou finalista do premio ao autor do ano Xosé María Álvarez Blázquez 2006. Alí foron aparecendo dúas achegas ao mes ata finais de 2008, en que o boletín dixital de novas científicas en galego deixou de emitir. Dende entón Un idioma preciso acubillouse no web do SNL e no propio Cartafol Dixital, e imos xa polas 137 precisións.
Un idioma preciso naceu e segue vivindo na Rede; mais agora contamos tamén coa publicación en formato papel das 100 primeiras precisións, grazas a 2.0 Editora. Como no proxecto nai, cada precisión devén un pequeno estudo en que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e que propón, matiza ou corrixe denominacións en galego para eles. Trátase dun libro que se presta a ser lido de corrido grazas á redacción sinxela, amena e pedagóxica que emprega Xusto Rodríguez, que ademais non foxe do humor e a retranca, como xa indican os títulos de moitas das súas precisións: “Na defensa do medio ambiente... ou do ambiente enteiro?”, “Onde se mercan os reloxos de seixo?”, “O xirasol que dá patacas...”, “Cando os webs se sindican, poden ir á folga?” ou “Tiburóns nas augas do galego”.
Ao lermos Un idioma preciso descubriremos a través de argumentos científicos que, por exemplo, palabras como tiburón e quenlla non son sinónimos absolutos, e que convén empregar tiburón como xenérico para unhas 300 especies e quenlla para se referir á especie Prionace galuca, da que é o nome patrimonial galego. Tamén nos decataremos da cantidade de anglicismos que temos instalados nas nosas vidas – mobbing, feed-back, stress, e-learning, rack, coaching... e aprenderemos como evitalos.
Moitas son as áreas de coñecemento que se tocan neste volume -bioloxía, economía, dereito, astronomía, enxeñaría química, medicina, psicoloxía, arquitectura...-, en ocasións traídas por cuestións de actualidade no momento en que se redactou a precisión, como “Habemus papam”, a raíz da morte de Xoán Paulo II.
En definitiva, Un idioma preciso axuda a comprender os mecanismos de creación de léxico en galego -idénticos aos de calquera outro idioma-, e a validez da nosa lingua -a de calquera lingua- para a comunicación de carácter científico.
DUARTE ROMERO, M ISABEL VAQUERO QUINTELA
Luns, 22 de marzo de 2010