Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
O Curso de Habilidades Comunicativas é unha actividade formativa organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, que se artella en tres módulos e cuxo obxectivo é mellorar a competencia para a redacción de traballos académicos e de investigación, para falar en público e para utilizar presentacións dixitais eficientes. O curso, tras convocarse como semipresencial en xaneiro do ano pasado e conseguir un grande interese entre o alumnado, tivo que converterse ao formato de teleformación por mor das restricións provocadas pola covid, o que provocou unha resposta moi positiva dos estudantes, tralo cal se decidiu convocalos en diante con esta modalidade. Logo dunha primeira quenda no primeiro cuadrimestre que se viu totalmente superada en demanda, a convocatoria desta segunda quenda tivo que duplicarse, e aínda así as prazas do segundo esgotáronse en 11 segundos.
Cada un dos módulos, que poden cursarse de xeito independente, consta de 25 horas (15 horas de traballo persoal e 10 horas de teledocencia presencial na plataforma Teams). Están recoñecidos con 1 ECTS por competencias transversais (lingua) para todas as titulacións.
Módulo 1: A redacción científica
O obxectivo do Módulo 1 é mellorar a competencia escrita. Diríxese sobre todo ás persoas que se atopan no proceso de redacción dun documento científico como pode ser un traballo académico de curso, un traballo de fin de grao, un traballo de fin de máster, unha tese de doutoramento, un artigo...
Módulo 2: Falar en público
A defensa oral dun traballo académico, TFG, TFM, tese; a exposición dun relatorio nun congreso, a presentación dun proxecto... son actividades frecuentes para unha persoa universitaria, que requiren de destrezas orais, para as cales non existe unha formación específica no curriculum académico. Ademais, na actualidade o mercado laboral esixe un alto dominio das capacidades de comunicación. Polo tanto, o estudantado, ademais de contar cun nivel axeitado de coñecementos significativos, tamén deben ter desenvolvidas as destrezas relacionadas coa comunciación oral, que centran o segundo dos módulos deste curso.
Módulo 3: Presentacións dixitais eficientes
As presentacións son cada vez unha ferramenta máis común na vida do alumnado universitario, pero por desgraza é frecuente ver pantallas que, nacidas para o apoio ao discurso oral, son atrancos para a transmisión do coñecemento. Demasiado texto con letra moi pequena, cores que non se ven ou transicións efectistas de máis, son algunhas das características de moitas das presentacións dixitais que se exhiben. Este Módulo 3 pretende, polo tanto, que nun mundo onde priman cada vez máis os recursos visuais, o alumnado universitario coñeza as bases para crear presentacións con calidade e para lograr transmitir mellor os seus coñecementos.
Venres, 19 de febreiro de 2021