Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso semipresencial de Habilidades Comunicativas
O Curso de Habilidades Comunicativas é unha actividade formativa organizada en tres módulos cuxo obxectivo é mellorar a competencia para a redacción de traballos académicos e de investigación, para falar en público e para utilizar presentacións dixitais eficientes. O alumnado respondeu moi positivamente á transformación do curso en semipresencial nesta convocatoria de xaneiro, polo que as prazas dos tres módulos esgotáronse moi axiña no Campus de Santiago. Con anterioridade, tamén se convocaron no primeiro cuadrimestre.
Cada un dos módulos, que poden cursarse de xeito independente, consta de 25 horas. Están recoñecidos con 1 ECTS por competencias transversais (lingua) para todas as titulacións. Ata agora só se impartían presencialmente, pero esta é a primeria vez que se pode realizar en modalidade semipresencial, e terá lugar ao longo deste segundo cuadrimestre tanto no Campus de Santiago coma no de Lugo. As datas e programa de cada un dos módulos pode consultarse na web do Servizo de Normalización Lingüística, que organiza e tivo a iniciativa de promover esta formación.
Módulo 1: A redacción científica
O obxectivo do Módulo 1 é mellorar a competencia escrita. Diríxese sobre todo ás persoas que se atopan no proceso de redacción dun documento científico como pode ser un traballo académico de curso, un traballo de fin de grao, un traballo de fin de máster,unha tese de doutoramento, un artigo...
Módulo 2: Falar en público
A defensa oral dun traballo académico, TFG, TFM, tese; a exposición dun relatorio nun congreso, a presentación dun proxecto... son actividades frecuentes para unha persoa universitaria, que requiren de destrezas orais, para as cales non existe unha formación específica no curriculum académico. Ademais, na actualidade o mercado laboral esixe un alto dominio das capacidades de comunicación. Polo tanto, o estudantado, ademais de contar cun nivel axeitado de coñecementos significativos, tamén deben ter desenvolvidas as destrezas relacionadas coa comunciación oral, que centran o segundo dos módulos deste curso.
Módulo 3: Presentacións dixitais eficientes
As presentacións son cada vez unha ferramenta máis común na vida do alumnado universitario, pero por desgraza é frecuente ver pantallas que, nacidas para o apoio ao discurso oral, son atrancos para a transmisión do coñecemento. Demasiado texto con letra moi pequena, cores que non se ven ou transicións efectistas de máis, son algunhas das características de moitas das presentacións dixitais que se exhiben. Este Módulo 3 pretende, polo tanto, que nun mundo onde priman cada vez máis os recursos visuais, o alumnado universitario coñeza as bases para crear presentacións con calidade e para lograr transmitir mellor os seus coñecementos.
Xoves, 30 de xaneiro de 2020