Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Resólvese os concursos “Mazarelos” e “Somos a curta”
O concurso literario "Mazarelos", organizado pola CNL da Facultade de Filoloxía, e o concurso de curtas sobre cinema do real “Somos a curta”, da CNL de Ciencias da Comunicación, xa teñen gañadoras e gañadores.
A V edición do Concurso Literario “Mazarelos”, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, xa ten veredicto. O xurado, formado polas escritoras Inma López Silva, Arancha Nogueira e Estíbaliz Espinosa, e os profesores Ramón Mariño e Teresa Amado, reuniuse o pasado 23 de outubro para valorar as trinta e seis propostas literarias presentadas. A entrega de premios desenvolverase no mes de decembro nunha gala que terá lugar na Facultade de Filoloxía e durante a cal se dará lectura ás obras premiadas, haberá actuacións musicais e... algunha sorpresa.
O terceiro premio, dotado con 200 euros e outorgado por unanimidade, foi para o texto “Formas de determinación”, presentado por Paula María García Pardavila. O xurado destacou a súa ollada potente cara ao mundo, que logra poemas e imaxes suxestivas, evocadoras alén de fiar un discurso que combina o cotián, o filosófico e o existencial.
O segundo premio, de 400 euros, outorgouse por maioría a “Dous gatos a discutir a autenticidade do rato”, de María Caíña Urtado, que para o xurado sobrancea pola súa orixinalidade, sobre todo, formal e a súa vontade de crítica social a través do xogo metapoético.
E por fin o primeiro premio, de 700 euros, resolto por unanimidade, correspondeulle a “Nai”, de Miguel Cavadas Docampo, que, segundo o xurado, constrúe un texto de xeito audaz, ben trabado e cohesionado, unha ollada descarada e subversiva tanto cara á maternidade como cara á identidade de xénero.
O Concurso Literario “Mazarelos” busca fomentar a creatividade da mocidade universitaria e o desenvolvemento da súa capacidade de expresión escrita e literaria, así como contribuír a descubrir potenciais valores deste eido da cultura.
Adela Otero, con Quen seiturará? e Manuel Barreiro Rozados, con Metáfora, foron os gañadores do primeiro e segundo premios da oitava edición de "Somos a curta!", o concurso organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación. Os galardóns fóronlles entregados nun acto que se desenvolveu no Decanato da Facultade o pasado día 14 de novembro.
O "Somos a curta!" da Facultade de Ciencias da Comunicación premia as mellores curtas de cinema do real en galego, e está dotado con dous galardóns de 500 e 250€, respectivamente, co que se busca promover o noso idioma no audiovisual, un eido clave para a sociedade, así como fomentar a creatividade en galego no estudantado.
As curtas non poden sobardar os 10 minutos, a súa lingua de desenvolvemento (título, diálogos, narracións, títulos de crédito...) é o galego, e xiran tematicamente arredor da propia realidade social galega.
Venres, 22 de novembro de 2019