Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Educación, recursos educativos e linguas
A Facultade de Ciencias da Educación organizou nos meses de outubro e novembro dúas actividades dirixidas ao alumnado, para promover o coñecemento e a reflexión verbo dos recursos educativos na nosa lingua, e verbo dos resultados do Decreto do Plurilingüismo nos diversos niveis educativos. Ambas as xornadas foron organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística e a achega económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no caso das de Recursos Educativos.
XII Xornada de recursos educativos en galego: a educación científica e a conexión coa natureza
Máis de cen persoas acudiron o 8 de outubro na Facultade de CC. da Educación á Xornada de recursos educativos en galego, que organiza a Comisión de Normalización Lingüística do dito centro. En edicións anteriores tense dedicado á educación infantil, primaria, bacharelato, educación social, educación artística, de adultos, etc., e nesta duodécima edición á educación científica.
De que recursos dispoñen os/as docentes de ciencias do medio en infantil e primaria na nosa lingua para encarar a conexión das nenas e nenos coa natureza e fomentar así que medren como adultos sensibilizados e concienciados coa cuestión ambiental e a biodiversidade? Coñecelos, reflexionar sobre a experiencia do seu uso e motivar para crear novos recursos é a cerna desta xornada.
Artellouse arredor de catro exposicións sobre a educación científica en lingua galega: Antonio Sandolval Rey, escritor, comunicador ambiental e ornitólogo introducirá a necesidade da educación ambiental baseada non só na ciencia, senón tamén nas artes, para afrontar os crecentes retos ambientais (e por tanto tamén sociais) deste século. A seguir, Carlos Silvar defenderá o uso da ilustración como recurso didáctico, Ana B. Pardo dará a coñecer o Centro de Referencia para a Educación Ambiental en Galicia (CEIDA) e a súa biblioteca especializada e, por último, Xulio Gutiérrez explicará o proceso de creación de libros de divulgación científica "Animais Extraordinarios".
VI Xornadas “Educación e linguas en Galicia”: dez anos do Decreto do Plurilingüismo
Analizar as luces e as sombras da aplicación do Decreto do Plurilingüismo nos centros dos diversos niveis educativos, desde infantil ata a universidade, foi o obxectivo destas xornadas que tiveron lugar o 7 e o 8 de novembro e que reuniron a máis de cen asistentes.
O Decreto do Plurilingüismo promulgouse a principios de 2010 no medio dunha gran controversia política e pública sobre as linguas oficiais en Galicia. Precisamente na I Xornada “Educación e linguas” foron presentadas as liñas xerais do Decreto polo daquela responsable da política lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.
Logo destes dez anos de aplicación, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación considerou a oportunidade de realizar unha análise sobre como se está implementando o Decreto nos centros dos diversos niveis educativos e os resultados lingüísticos e non lingüísticos (cómpre lembrar que o decreto introduciu a posibilidade de impartir materias non lingüísticas en idiomas estranxeiros) en canto á adquisición de competencias por parte do alumnado segundo o marco legal, que sitúa como obxectivo a igualdade de competencias en galego e castelán, as dúas linguas oficiais.
Na tarde do 7 de novembro, logo de introducir o marco legal que debuxa o Decreto do Plurilingüismo mediante un relatorio a cargo do profesor Nel Vidal, abordouse a experiencia da implementación desta norma en centros de infantil, primaria e secundaria mediante tres táboas redondas en que participaron direccións de centros, profesorado-titor de infantil e primaria, e profesoras de Lingua Galega, Lingua Inglesa e Física e Química, así como o responsable do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega.
Ademais, as xornadas tamén serviron para que a propia Facultade de Ciencias da Educación realizara unha autocrítica en relación á formación (socio)lingüística que o alumnado das titulacións que imparte recibe do centro. Catro estudantes do centro reflexionaron sobre esta cuestión na mañá do venres 8 de novembro.
Finalmente, a profesora Rosalía Fernández Rial, doutora en didáctica das linguas, propuxo no seu relatorio estratexias para mellorar o ensino das idiomas.
![]() |
![]() |
Venres, 22 de novembro de 2019