Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
II Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC
A Universidade de Santiago de Compostela convoca unha nova edición do Premio ‘Luís Porteiro Garea’. Este premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego da que se ten constancia.
O II Premio ‘Luís Porteiro Garea’ quere recoñecer a iniciativa, o traballo e a traxectoria da comunidade universitaria presente e pasada a prol da normalización do galego na universidade. Deste xeito, serán valoradas aquelas iniciativas relacionadas co emprego habitual da lingua na institución universitaria; as achegas realizadas á promoción do idioma ou á galeguización de ámbitos e actividades na USC; o estudo e difusión do idioma galego; ou calquera outra iniciativa que sexa considerada relevante neste eido. Na primeira edición deste premio foi recoñecido o bo facer do profesor emérito de Química Orgánica, Manuel Bermejo, do que se destacou o seu compromiso coa lingua galega desde o inicio da súa carreira docente nos anos sesenta e a súa influencia en investigadores e docentes de Química en todos os niveis educativos.
As candidaturas poderán ser propostas por calquera persoa, entidade ou colectivo ata o 15 de novembro de 2018 e deben dirixirse, seguindo o modelo das bases do Premio á secretaría do xurado a través dos rexistros da USC, ben de xeito presencial ou por medios electrónicos. O premio ten carácter de distinción pública e será realizado un acto protocolario onde se lle entregará á persoa ou colectivo premiado un elemento simbólico de tipo artístico.
O xurado estará formado polo reitor; a persoa integrante do equipo de goberno da USC con competencia en cuestión de política lingüística; un representante da Comisión do Claustro; dúas persoas que acrediten a condición de membros dunha comisión de normalización de calquera das facultades que compoñen a USC; dúas persoas de recoñecido prestixio no ámbito da filoloxía galega nomeadas polo reitor da USC; e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, que actuará como secretario, con voz pero sen voto. A composición do xurado farase pública con anterioridade á súa constitución no taboleiro electrónico e na páxina web da USC.
Venres, 26 de outubro de 2018