Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
A Facultade de Filoloxía convoca o IV Concurso literario “Mazarelos”
Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a nosa literatura son os obxectivos que guían a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC para convocar por cuarta vez o Concurso literario “Mazarelos”.
Son moitas as figuras literarias galegas que estudaron nas aulas da nosa Universidade (Castelao, Otero Pedrayo, Carballo Calero, Xohana Torres, Méndez Ferrín, Chus Pato, Suso de Toro, Xavier Queipo, Luísa Villalta, Antón Riveiro Coello, Fran Alonso...) e en Filoloxía sempre houbo iniciativas como certames e revistas literarias (lembremos Ólisbos) para dar acubillo á creatividade no eido das letras galegas. Xa que logo, este certame recupera a tradición da Facultade para descubrir e proxectar novas voces que, quen sabe?, poidan chegar a ser figuras da literatura galega.
Este pode ser, se cadra, o futuro de Valentín Estévez Souto, Jorge Rodríguez Durán e Arancha Nogueira, estudantes a quen o xurado lles concedeu os premios da terceira edición deste concurso o pasado ano.
O concurso está aberto á participación de todo o alumnado da USC, para o cal deberá presentar unha obra de calquera xénero literario e calquera tema, orixinal e escrito en lingua galega. O prazo para a presentación de orixinais rematará o venres 28 de setembro de 2018 ás 14 h.
Establécense tres premios de 500, 250 e 150 euros mais diploma, a concesión dos cales recaerá nun xurado composto por cinco membros: tres, profesores/as da Facultade, e dous, escritores/as sen relación actual co centro.
Pódese consultar as bases na web do Servizo de Normalización Lingüística ou na da propia Facultade de Filoloxía.
Co nome deste certame a CNL de Filoloxía lembra o lugar que viu nacer os estudos filolóxicos e literarios na nosa Universidade, a praza de Mazarelos, e o edificio agora ocupado por Filosofía, localizacións emblemáticas que mesmo se reivindican na imaxe d cartel anunciador.
O certame conta co apoio técnico do SNL da USC e o económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Luns, 30 de abril de 2018