Novas recentes

Coñecendo os grandes hospitais psiquiátricos de Galicia

A Comisión de Normalización Lingüística de Psicoloxía organiza unha visita guiada a un dos grandes hospitais psiquiátricos galegos, o de Conxo, coa participación de testemuñas vivos da súa actividade.  As persoas interesadas reuníronse na Praza do Mosteiro o sábado 7 ás 10:00h, e efectuaron un percorrido polas estancias e xardíns do recinto guiados por Emilio Suárez, psiquiatra do Hospital de Conxo nos anos 70.

Con anterioridade, o venres 6 proxectarase a película Fóra (2012), dos directores Pablo Cayuela e Xan Gómez, sobre a vida e a rutina do hospital de Conxo, o primeiro hospital psiquiátrico galego, durante os últimos días do franquismo. Posteriormente seguiu un coloquio cos participantes na película e mais cos psiquiatras que serviu para coñecer máis polo miúdo a historia do hospital, as experiencias innovadoras que se levaron adiante nos anos 70 e mais os cambios producidos dende daquela nos coidados psiquiátricos.

Precisamente unha das cuestións á que se referiron foi a da(s) lingua(s) dos doentes e á atención a esta particularidade por parte das persoas coidadoras e dos médicos psiquiatras que os atendían, así como aos cambios que se produciron neste senso ao longo do tempo, ligados ás mudanzas noutros aspectos.

conxo_visita

Xoves, 22 de marzo de 2018