Novas recentes

XIV Premios “Luísa Villalta” a iniciativas normalizadoras

Se es membro (estudantes, docentes, PAS) de calquera das tres universidades galegas, ben a título individual, ben en equipo (como comisións de normalización, organización estudantil, etc.) podes participar nos XIV Premios "Luísa Villalta" a iniciativas normalizadoras, un concurso organizado polos servizos de normalización das tres universidades galegas, presentando unha campaña normalizadora ou unha idea para a promoción do galego.

Se optas por argallar unha campaña para fomenta do uso do galego no ámbito universitario, debes presentala de xeito que conte cunha diagnose previa e os elementos habituais dunha acción planificada: obxectivos, destinatarios/as, metodoloxía, actividades, temporalización, recursos e avaliación. A campaña pode ser para un centro en concreto ou ben para o conxunto das tres universidades galegas.

Se tes unha boa idea para o galego na Universidade, mais non te ves planificando o seu desenvolvemento, só tes que entregar un informe razoado sobre a idea que se presenta, a súa motivación, os seus obxectivos e a súa incidencia social.

As dúas opcións, campañas e ideas, contan con cadanseus premios de 1200 e 800 euros. O prazo para presentar propostas remata o 27 de outubro de 2017.

Luns, 29 de maio de 2017