Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Aprende galego básico e tamén outros idiomas no mes de xullo intensivamente
Se tiñas pouco tempo para meterte a máis aprendizaxes na túa estadía na USC pero estás interesado por esa lingua que oías seguido en todas as partes. Se vas facer un intercambio na USC e queres estar preparado/a para entender nas súa lingua a persoas que te van acoller. Se vives aquí, te defendes en castelán pero queres coñecer máis en que consiste esta país. Se che apetece vir facer turismo idiomático de paso que desfrutas da paisaxe, a gastronomía, o clima, a xente...
O Centro de Linguas Modernas ofréceche o galego entre os seus cursos intensivos de verán. Será posible así que calquera persoa non galegofalante maior de 16 de anos que teña un bo coñecemento de español como lingua estranxeira (ELE) realice este curso de 40 horas presenciais mais 10 de traballo do alumno no Campus de Santiago de Compostela no mes de xullo.
Coa proposta do curso intensivo de iniciación á lingua galega para non galegofalantes do CLM, este centro universitario de aprendizaxe de linguas complementa a oferta que ten ao longo do ano académico de cursos das catro linguas oficiais do Estado español (catalán, español, galego, eusquera) así como de lingua de signos española e, por outra banda, completa a oferta da USC para este verán.
O curso inicial de galego para non galegofalantes desenvolverase na Facultade de Bioloxía entre o 11 e o 22 de xullo en horario de 9:30 a 13:30. A matrícula, que non require a realización dun test de nivel, realizarase durante o mes de maio. Hai 20 prazas, que se cubrirán por orde de chegada das solicitudes. O prezo é de 150 euros para membros da USC e de 175 euros para as restantes persoas. Ao remate, todas as persoas que superen o curso obterán da USC unha certificación de aptitude automatizada, en versións galega, española e inglesa.
Son, deste xeito, dezaoito as linguas que se poden aprender nun nivel inicial nos cursos intensivos de verán: alemán, árabe, catalán, checo, chinés, coreano, eslovaco, eusquera, galego, grego moderno, húngaro, italiano, lingua de signos, neerlandés, polaco, portugués, ruso, sueco e xaponés no Campus de Santiago e alemán, francés, italiano, lingua de signos e portugués no Campus de Lugo. No caso do galego, o nivel que se adquire neste curso é case un A1 do Marco Europeo, o de usuario básico.
A satisfacción global cos cursos intensivos nos últimos anos é máxima, segundo a opinión dos/as estudantes que lles outorgaron a nota global 4,58 de 5,00.
Venres, 26 de maio de 2017