Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Coñecer a lingua nos contextos. Camiñada de primavera no Courel
A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo organiza unha nova camiñada para coñecer xuntas e asemade lingua e natureza. Será o sábado 6 de maio, no Courel e da man do profesor Manuel Antonio Rodríguez Guitián.
Para achegarse a calquera lingua, coñecela e amala, hai infinitas posibilidades. Unha delas é facelo observando como se relaciona co seu medio natural. Este vieiro ofréceo a Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, que organiza unha Camiñada de Primavera ao Courel para gozar do espertar da cuberta vexetal na primavera e observar os efectos da relación do ser humano co medio: por veces de forma respectuosa (usos tradicionais do monte, arquitectura tradicional...) e outras de modo moito máis agresivo (minaría, silvicultura intensiva...), e os seus reflexos na lingua, especialmente na toponimia. Será o profesor da EPS Manuel Antonio Rodríguez Guitián quen guíe a camiñada.
Na xornada do sábado 6 de maio, os participantes sairán en autobús ás 9,30 h, do exterior da Facultade de Formación do Profesorado (avda. de Ramón Ferreiro) para chegar ao Courel e facer un par de camiñadas á mañá e á tarde, visitar a Estación Científica do Courel (en Seoane) e asistir a unha charla sobre as peculiaridades lingüísticas (toponimia) da zona.
Toda a actividade é de balde (excepto a comida), e adecuada a calquera tipo de condición física, pero o número de prazas é limitado, e cómpre reservar praza cun correo electrónico dirixido a esther.gomez@usc.es.
Esta actividade dálle continuidade ás camiñadas do outubro pasado, organizadas para coñecer paxaros e cogumelos, e ás do Courel dos anos anteriores .
Venres, 28 de abril de 2017