Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Ti piacerebbe imparare il galiziano nell’USC?
Tres de cada catro estudantes que veñen de fóra para estudar á USC son falantes de linguas románicas. Aínda que a estes vailles ser moi doado comprender o galego e mesmo chapurralo un pouco, tamén falantes doutras linguas máis afastadas conseguen resultados sorprendentes. Aprender galego é algo moi conveniente porque entre os novos amigos e compañeiros, nas tendas, nos bares, na tele ou nas aulas fálase galego. A USC pon ao seu dispor os Cursos de lingua galega para non galegofalantes do Centro de Linguas Modernas ou as materias Lingua, literatura e cultura galegas I e II.
Cursos do CLM
Os cursos de galego para non galegofalantes organízaos o Centro de Linguas Modernas da USC. Trátase de cursos de 40 horas lectivas, semestrais, e con eles adquírese un nivel de usuario básico, o A1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas. O prazo de matrícula está aberto ata o 25 de setembro para a convocatoria deste primeiro semestre en Santiago e Lugo, e o prezo é de 30 euros para calquera membro da USC e de 75 para persoas sen vinculación coa USC, un prezo máis reducido que o dos restantes cursos do CLM grazas ao apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Os Cursos de lingua galega para non galegofalantes puxéronse en marcha en 1996 e por eles levan pasado estudantes procedentes doutras comunidades autónomas (sobre todo, cataláns e vascos), así como de moitas outras partes do mundo, como Italia, Alemaña, Estados Unidos, Rusia, Polonia, Austria ou Francia, con grande éxito.
Lingua, literatura e cultura galegas en Filoloxía
Por outra banda, o Grao de Filoloxía Galega inclúe dúas materias de carácter optativo que se lles ofrece a todos os estudantes estranxeiros de calquera centro e titulación da USC: “Lingua, literatura e cultura galegas”. Como materias académicas están recoñecidas con 6 ECTS. A matrícula segue as normas xerais, xa que se trata de materias incluídas no plan de estudos; as persoas interesadas que teñan dúbidas ou algún problema poden consultar cos responsables académicos ou de intercambio dos seus centros.
“Lingua, literatura e cultura galegas” é unha materia optativa concibida especificamente para fornecer unha visión panorámica moi elemental da lingua, da literatura e da cultura de Galicia aos estudantes de intercambio. Pode cursarse tanto no primeiro coma no segundo semestre e non se require ter coñecementos previos de lingua ou de literatura galegas. No segundo semestre ofrécese a materia Lingua, literatura e cultura galegas 2, tamén de carácter optativo, que se concibe como unha continuación da anterior.
Co que aprenden nestas materias, os estudantes poderán afrontar as necesidades concretas da vida ordinaria, de acordo co establecido no nivel A1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
Acreditación do coñecemento de galego como lingua estranxeira para os graos
Para podérense graduar na USC, os estudantes teñen necesariamente que acreditar un nivel B1 de coñecemento dunha lingua estranxeira, e no caso dos estudantes estranxeiros, dunha lingua distinta da súa materna, polo que poden botar man do seu coñecemento do castelán, do catalán, do éuscaro e, por suposto, do galego.
No caso do galego, poderase facer mediante documentos acreditativos de superación do B1 – C2 expedidos polas universidades públicas españolas e universidades do EEES, segundo as seguintes equivalencias cos Celga, que é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.:
• B1 >Celga 2,
• B2 > Celga 3,
• C1> Celga 4,
• C2> Celga 5 (Certificado de Lingua Galega)
Mércores, 21 de setembro de 2016