Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Seminario de dinamización lingüística para o alumnado
Apetéceseche participar con eficacia e de xeito gratificante no proceso de normalización da lingua galega na nosa Universidade? Queres coñecer como, con quen e con que ferramentas? Vente á nova edición do Seminario de dinamización lingüística!
Reflexionar sobre a situación sociolingüística de Galicia e da USC; aprender sobre dereitos e deberes lingüísticos na USC; entender a natureza e o funcionamento das comisións de normalización lingüística; reflexionar sobre as posibilidades de actuación que o alumnado ten en materia de lingua a través das asociacións e das comisións de normalización. En definitiva: aprender para participar con eficacia e de xeito gratificante no proceso de normalización da lingua galega na nosa Universidade. Esa é a cerna do Seminario de dinamización lingüística organizado polo Servizo de Normalización da USC.
O seminario está dirixido ao alumnado, sobranceiramente, aos estudantes con responsabilidades, ben por seren membros de asociacións, ben por seren representantes en comisións de normalización e outros órganos de goberno.
Os venres 13 e 27 de novembro é cando se desenvolverá este seminario en Santiago (na Aula Lete del Río, na Facultade de Dereito) e en Lugo (Facultade de Veterinaria) en xornada de mañá (de 10 a 14 h). As sesións impartiranas persoal do Servizo de Normalización Lingüística, así como a profesora de Dereito Alba Nogueira. As exposicións arrequentaranse con material audiovisual, entrega de documentación e, sobre todo, coa participación e o debate dos asistentes.
A matrícula, de balde, debe realizarse no web do Servizo de Normalización Lingüística ata o 10 de novembro. A asistencia e participación neste seminario dará dereito a un diploma de asistencia por 4 horas. Mais sobre todo hache dar argumentos, coñecementos, recursos e azos para traballares pola lingua na USC.
Martes, 27 de outubro de 2015