Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Os idiomas nas teses de 2014
«Estudo de polimorfismo autosómicos e de cromosoma Y en humanos con aplicacións en xenética forense e poboacional » non foi a única tese de doutoramento en galego na nosa Universidade: en 2014 elaboráronse 16, dos cales 10 redactáronse unicamente en galego, e outros 6 incorporárono ben como lingua principal (2 teses) ou ben como lingua secundaria (4 teses). Cómpre aclarar que, nos casos en que o traballo se elabora en dous idiomas, cada un deles contabiliza como 0,5.
O abano de departamentos onde se presentan teses en galego abrangue dende, como é natural, Filoloxía Galega ata Historia e Institucións Económicas, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Ciencias da Comunicación, Medicina e Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses.
Porén, o dato máis salientable é que o castelán segue sendo a lingua predominante nos traballos con que se lles pon o ramo aos estudos de doutoramento: das 236 teses lidas en 2014, 148 realizáronse total ou parcialmente neste idioma (o 62,71%). Ao seu lado, a utilización doutras linguas como o galego (6,77%), o portugués (7,62%), o inglés 22,45%) e outros (0,42%), resulta moito máis discreta. O inglés adscríbese a teses presentadas en departamentos de ciencias da saúde, ciencias puras e economía, ademais do IDEGA e Filoloxía Inglesa.
Se estudamos a evolución do uso dos idiomas dende o ano en que comezou o programa de axudas ao emprego do galego nos traballos de investigación iniciais, 1994, percíbese unha pequena progresiva diminución do uso do castelán a prol da utilización do galego, do portugués e doutras linguas, nomeadamente, o inglés. Con todo, o uso do castelán non baixa do 60%. En relación ao inglés, cómpre salientar que deste último idioma só temos datos desagregados dende 2009 e que a tendencia é á alza, ascendendo posicións ano a ano.
![]() |
![]() |
A utilización da lingua galega nestes traballos, do cal temos datos dende 1990, presenta numerosos altibaixos e nunca chega a superar o 15%; agora levamos cinco anos consecutivos de descenso. Máis importante aínda é que o cruzamento de datos de solicitantes de axudas á realización de teses de doutoramento en galego dende 1994 e de utilización da nosa lingua na docencia por parte destes mesmos profesores e profesoras, revela un grao de fidelización moi elevado ao uso do galego.
Malia os doutorandos e doutorandas contaren con axudas que incentivan o uso do galego por parte da USC, o certo é que só 3 das 9 teses defendidas en 2014 que tiñan dereito á axuda do SNL (redactadas exclusivamente na nosa lingua e fóra do Departamento de Filoloxía Galega) solicitaron as subvencións de ata 400 euros ou o correspondente asesoramento lingüístico e terminolóxico.
Venres, 27 de febreiro de 2015