Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Os idiomas nos TFG e nos TFM
Cada ano son máis os traballos de fin de grao e de fin de mestrado que se presentan e é importante debullar os usos lingüísticos do alumnado á hora de presentar estes traballos, que culminan a súa estadía na USC. A análise demostra que son moi parecidos aos usos docentes do seu profesorado, tanto en números globais como por titulacións. Estráñalle a alguén?
Traballos de fin de grao
O pasado 2014 defendéronse 2190 traballos de fin de grao na USC en 44 titulacións. A lingua máis utilizada foi o castelán (1526), a seguir o galego (579), e tamén se utilizaron en menor medida o inglés (56), o catalán (13), o francés (11), o alemán (3), o italiano e o grego (1 traballo cada un). Na seguinte gráfica amósanse os datos por porcentaxes.
En todas as titulacións en que se leron TFG houbo algún redactado en galego, agás en Enxeñaría Civil e Medicina, así como en titulacións de Filoloxía, onde ademais do castelán utilizaron o inglés (Grao en Lingua e Literatura inglesas), alemán, francés e portugués (Grao en Linguas e Literaturas Modernas).
En sete graos houbo un maior número de traballos en galego ca en castelán: Educacación Primaria de Lugo e Santiago, Educación Infantil de Lugo e Santiago, Comunicación Audiovisual, Xeografía e Ordenación do Territorio, e Xornalismo, mentres que en Educación Social as dúas linguas fican empatadas.
Os datos das linguas de lectura e defensa dos TFG sofren pequenas variacións á respecto dos de redacción: 86 traballos escritos en castelán e dous en inglés foron posteriormente defendidos en galego, catalán, grego ou árabe.
Aínda que só temos a perspectiva de catro anos en canto aos usos lingüísticos nestes traballos, semella que o uso do galego nestes traballos reflicte bastante consolidadamente xa os usos de idiomas do seu profesorado, unha vez que as porcentaxes son similares: arredor dun cuarto dos TFG (sempre máis favorables para o galego no caso dos traballos do alumnado) e vistas os paralelismos entre as titulacións que máis docencia imparten en galego e os seus TFG (e viceversa).
![]() |
![]() |
Traballos de fin de master
En 2014 defendéronse 1.163 traballos de fin de mestrado. O panorama volve estar dominado amplamente polo castelán, como se reflicte na gráfica.
O castelán é a lingua utilizada en 805 TFM (o 71% do total), e o galego está presente en 296 (o 24% dos TFM); ademais utilízase outras linguas, como o inglés (en 47, o 4%), o catalán (7) e, en menor medida, portugués, grego ou francés.
Tamén neste caso existen diferenzas nos datos analizados entre a lingua en que se redactan os TFM e a lingua en que se len. A lingua que resulta máis favorecida na defensa é o galego, que pase dos 296 aos 303, e a máis prexudicada, o inglés, que pasa dos 47 traballos escritos a 29 defendidos.
O pasado curso impartíronse 100 titulacións de mestrado; en 20 delas non se elaborou ningún TFM en galego, especialmente naquelas de ciencias e ciencias da saúde, fronte a dous en que se usou exclusivamente o galego (Avogacía en Santiago e Educación, Xénero e Igualdade). E en once titulacións o número de TFM presentados en galego superou o número dos realizados en castelán: Avogacia de Santiago e Lugo, Desenvolvemento Rexional e Integración Económica Dirección de Actividades Educativas na Natureza; Educación, Xénero e Igualdade; Historia Contemporánea; Investigación en Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática; Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria; Lingüística Aplicada; e as Especialidades de Ciencias Sociais e Humanidades e mais de Linguas e Literaturas do Máster en Profesorado.
Axudas á elaboración de TFG e TFM en galego
Cómpre lembrar que a USC fomenta o uso do galego en ambos os tipos de traballos, TFG/PFG e TFM, por unha banda, mediante os Premios á calidade lingüística; por outra, fornecendo formación específica nos obradoiros de elaboración de TFG, PFC e TFM e unha ferramenta como son os modelos de TFG e TFM no noso idioma, que facilitan a súa redacción e que proximamente se ofrecerán tamén en Libre Office.
Sábado, 28 de febreiro de 2015