Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Os idiomas nos TFG e nos TFM
Traballos de fin de grao
O pasado 2013 defendéronse 1.288 traballos de fin de grao na USC en 39 titulacións. A lingua máis utilizada foi o castelán, case o 30% dos estudantes optaron por realizalos en galego, e tamén se utilizaron en menor medida o inglés, o francés, o catalán, o portugués o alemán e o checo. Os datos das linguas de lectura e defensa dos TFG sofren pequenas variacións á respecto dos de redacción: 18 traballos escritos en castelán e un en inglés foron posteriormente defendidos en galego, catalán ou checo.
![]() |
![]() |
En todas as titulacións en que se leron TFG houbo algún redactado en galego, agás en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Filosofía, así como en titulacións de Filoloxía, onde ademais do castelán utilizaron o inglés (Grao en Lingua e Literatura inglesas), alemán, francés e portugués (Grao en Linguas e Literaturas Modernas).
En seis graos houbo un maior número de traballos en galego ca en castelán: Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (1-8), Educación Primaria (6-16), Educación Social (15-16), Enxeñaría das Industrias Alimentarias (5-6), Educación Infantil (3-4) e Xeografía (3-4). En dous graos castelán e galego están empatados: Física (10-10-1) e Historia (24-24)
Aínda que só temos a perspectiva de tres anos en canto aos usos lingüísticos nestes traballos, semella que o uso do galego nestes traballos está asentado arredor do 30%. O vindeiro ano veremos como afecta a incorporación dos TFG de grandes titulacións como Dereito ou Medicina.
![]() |
![]() |
Traballos de fin de mestrado (TFM)
En 2013 defendéronse 1.101 traballos de fin de mestrado. O panorama volve estar dominado amplamente polo castelán, aínda que é algo máis variado en canto ás linguas utilizadas. O castelán é a lingua utilizada en 714 TFM (o 71% do total), e o galego está presente en 238 (o 24% dos TFM); ademais utilízase outras linguas, como o inglés (en 36, o 4%), o portugués e, en menor medida, italiano, catalán, francés ou danés. Tamén neste caso existen diferenzas nos datos analizados entre a lingua en que se redactan os TFM e a lingua en que se len: o castelán, o inglés, o portugués e o catalán perden peso nos usos orais a prol do galego, o italiano e o danés.
![]() |
![]() |
O pasado curso impartíronse 83 titulacións de mestrado; en 25 delas non se elaborou ningún TFM en galego, especialmente naquelas de ciencias e ciencias da saúde, fronte a só unha en que se usou exclusivamente o galego e o inglés (Tecnoloxías da Información). E en nove titulacións o número de TFM presentados en galego superou o número dos realizados en castelán: Xeografía e Ordenación do Territorio, Comunicación e Industrias Creativas, Desenvolvemento Económico e Innovación, Actividades Educativas na Natureza, Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural, Formación do Profesorado nas especialidades de Ciencias Sociais e Lingua e Literaturas, Xestión Pública e o xa dito Tecnoloxías da Información.
Axudas á elaboración de TFG e TFM en galego
Cómpre lembrar que a USC fomenta o uso do galego en ambos os tipos de traballos, TFG/PFG e TFM, por unha banda, mediante os Premios á calidade lingüística; por outra, fornecendo formación específica nos obradoiros de elaboración de TFG, PFC e TFM e unha ferramenta como son os modelos de traballos de fin de grao e fin de mestrado no noso idioma, que facilitan a súa redacción e que proximamente se ofrecerán tamén en Libre Office.
Martes, 01 de abril de 2014