Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Convocados os X Premios á calidade lingüística para traballos académicos, TFG/PFC e TFM
Logo de o reitor facer entrega dos premios do pasado curso ao alumnado gañador nun acto académico que finalmente tivo lugar na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia o pasado día 12 de marzo, a USC convoca por décimo ano consecutivo os Premios á calidade lingüística.
As persoas egresadas da universidade non só deben contar cun nivel axeitado de coñecementos significativos. Tamén é desexable que teñan desenvolvidas outras destrezas, habilidades e valores: autonomía, pensamento crítico, dominio das novas tecnoloxías... A presentación axeitada dun traballo dende o punto de vista formal –o que abrangue aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño, a coherencia, etc.-, é unha habilidade comunicativa que calquera universitario/a debería posuír.
A USC, a partir dunha iniciativa das comisións de normalización lingüística dos centros, pretende contribuír a este obxectivo cos Premios á calidade lingüística, fomentando unha cultura de calidade entre o alumnado ligada ao uso do galego.
Premios
Os X Premios á calidade lingüística outorgarán un único galardón por modalidade por cada unha das cinco áreas de coñecemento (Ciencias da Saúde, Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, Humanidades). A este respecto, seguirase a clasificación das titulacións por ramas de coñecemento que establece a propia USC.
Deste xeito, os traballos académicos de curso optarán a un dos cinco premios de 150 euros e diploma segundo a clasificación da titulación. O mesmo ocorre cos traballos de fin de grao (TFG) e proxectos de fin de carreira (PFC), aínda que neste caso os galardóns son de 300 euros, e igualmente coa terceira das modalidades, a dos traballos de fin de mestrado (TFM), que poden recibir ata 500 euros. En total, repartirase un monto de 4750 euros en premios.
Como presentarse
A iniciativa esténdese a todos os centros e titulacións da USC. Daquela, todos os estudantes de grao, enxeñaría ou mestrado da USC que fagan os seus traballos en galego e obteñan cando menos a cualificación de aprobado poderán optar a estes premios.
O mellor dos Premios á calidade lingüística é que non cómpre facer nada ad hoc, agás presentarse. Só elaborar o traballo que corresponda, en galego, aprobalo (ata aquí, nada extra) e presentalo nos rexistros da USC, dirixido ao Servizo de Normalización Lingüística no prazo (xullo e setembro respectivamente) que se indica nas bases correspondentes a cada modalidade.
No web dos Premios non só se fornece toda a información e documentos. Tamén achega recursos para mellorar o aspecto formal (deseño, lingua) dos traballos: modelos, criterios de estilo, correctores e tradutores, dicionarios e repertorios terminolóxicos...
Luns, 31 de marzo de 2014