Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Un obradoiro para elaborar os TFG e TFM
O Obradoiro de elaboración e defensa de traballos de fin de grao ou traballos de fin de mestrado en galego ten como obxectivo que os alumnos e alumnas que teñan que redactar e defender este tipo de traballos o fagan coa máxima calidade formal e en lingua galega, para o que traballarán sobre un modelo (aprobado, por exemplo, na Facultade de CC. Económicas e Empresariais e mais na ETSE) e titorizados polo profesorado do obradoiro. Trátase da terceira edición deste mesmo obradoiro, que ata agora só se organizaba para Económicas, e que desta volta se desenvolverá de xeito aberto para todo o alumnado matriculado na materia de “Traballo de Fin de Grao” ou no TFM de todas as titulacións.
O curso combinará exposicións teóricas e sesións prácticas, e nas horas non presenciais o alumnado deberá revisar o seu traballo de fin de grao ou de fin de mestrado segundo o modelo que se lles fornece e as pautas do curso. Logo haberá unha serie de sesións presenciais de posta en común para comentar as dúbidas, erros e acertos dos traballos.
Nas 30 horas do obradoiro, 26 delas presenciais, as persoas asistentes verán contidos lingüísticos-documentais (redacción, terminoloxía, corrección e revisión, partes do traballo, uso de modelos) e informacionais (busca, selección e inclusión de recursos de información -Refworks-) para a redacción do TFG/TFM, e tamén comunicacionais para a defensa do traballo con apoio de presentacións dixitais.
Hai dous obradoiros de elaboración e defensa de traballos de fin de grao ou traballos de fin de mestrado en galego: un, na Facultade de Dereito, na Aula Informática 5, dende o día 10 de marzo os luns e os martes ao mediodía; outro, na Facultade de Económicas, na Aula Informática 7, a partir do 12 de marzo, os mércores e xoves ao mediodía, en sesións de 2 horas.
Ao evidente beneficio da mellora da calidade formal do traballo, engádeselle o recoñecemento de 1 crédito ECTS por competencias transversais (en lingua galega) e o diploma de asistencia por 30 horas.
A matrícula no curso custa 30 euros e poderase realizar o día 28 de febreiro.
Esta acción formativa foi inicialmente proposta pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e organizada conxuntamente co SNL. Logo de dúas edicións, con boas valoracións e resultados, o SNL decide ampliar esta acción para todo o alumnado que deba realizar un destes traballos, os TFG ou os TFM, para o cal contará co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Martes, 18 de febreiro de 2014