Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Melloras no dicionario en liña da RAG
Avanzando un paso máis no seu compromiso por atender as demandas da sociedade galega de hoxe, a Real Academia Galega presenta o xoves 13 de xuño unha nova versión do seu Dicionario en liña, que inclúe un importante incremento das súas prestacións e accesibilidade.
En canto ás novas ferramentas engadidas, esta versión do Dicionario da Real Academia Galega contén un buscador de sinónimos con exemplos de uso, unha listaxe de termos relacionados coa palabra buscada, e a posibilidade de facer procuras avanzadas por lema e contido.
Para facilitar a lectura das consultas, foron eliminadas as abreviaturas e no seu lugar aparecen as correspondentes formas plenas dos termos abreviados. No que atinxe ao aumento da súa capacidade de acceso, o novo Dicionario contará cunha versión para móbiles que empreguen os sistemas "IOS" e "Android".
Esta mellora na capacidade de servizo do Dicionario da Real Academia Galega foi desenvolvida en colaboración coa Fundación Barrié de la Maza.
Martes, 21 de maio de 2013