Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Nova convocatoria de axudas ás teses de doutoramento en galego
Dende 1994 a USC ofrece un programa de axudas ao uso do galego en teses de doutoramento. Este incentivo axiña se converteu nun referente en moitas outras universidades, tanto galegas coma dos países cataláns. Dende aquela, case de 1200 estudantes e investigadores solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.
As axudas ás teses de doutoramento en galego outórganse para aquelas persoas que elaboren e defendan estese traballos en lingua galega e así a soliciten a través do Rexistro Xeral da USC ata o 31 de decembro de 2013 se o len este ano. Trátase dunha subvención directa dun máximo de 400 € para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo.
As subvención complétanse con servizos de consulta e asesoría lingüística e terminolóxica, así como de asesoramento para a elaboración e uso de presentacións dixitais que se adoitan utilizar na defensa das teses, por parte do Servizo de Normalización Lingüística. Complementariamente o SNL fornece:
Dende 1994 este programa de axudas ampliouse paseniñamente a outros traballos (memorias de licenciatura e traballos de investigación tutelados, e posteriormente traballos de fin de máster), pero neste ano que andamos volven restrinxirse ás teses de doutoramento, por mor dos recortes nos orzamentos de normalización lingüística. As persoas que elaboren os seus traballos de fin de mestrado (TFM) en galego poden, porén, optar aos Premios á calidade lingüística (concurso), dotados con 500 euros.
No pasado ano 2012 a USC concedeu subvencións para os gastos de publicación de 54 traballos realizados en galego. En concreto, beneficiáronse desta liña de incentivos á utilización da nosa lingua os autores/as de 11 teses, 40 traballos de fin de mestrado, 4 memorias de licenciatura e 1 traballo de investigación tutelados (TIT).
Venres, 29 de marzo de 2013