Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Cursos intensivos de quince idiomas en xullo na USC
As persoas interesadas nalgún curso intensivo de idiomas que oferta este verán o Centro de Linguas Modernas da USC poden xa formalizar a súa matrícula a través de internet (e de maneira excepcional nas instalacións do propio centro en Santiago). O prazo remata o 25 xuño.
A oferta inclúe un total de 24 cursos de 15 linguas diferentes (alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso e xaponés) que se desenvolverán en horario de mañá ou tarde desde o 9 ata o 20 de xullo nos campus de Santiago e Lugo. Trátase de cursos de 40 horas. Como novidade, incorpóranse cursos de linguaxe de signos e de preparación do exame oficial de xaponés NOKEN.
Os cursos diríxense principalmente a universitarios e universitarias que vaian estudar a unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade durante o curso 2012-2013, pero tamén están abertos a outras persoas con interese nesas linguas así como a estudantes de ensino secundario que cumpran ao longo de 2012 dezaseis anos. O alumnado de francés, inglés e alemán que ten que realizar a proba de nivel pode inscribirse nela ata o día 14 de xuño.
Créditos
A asistencia aos cursos poderá validarse con créditos, 2,5 de libre configuración para as titulacións non adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior e 1 optativo nas que si o están sempre que o número de horas do estudo sume 80 e se teña a acreditación do B1 noutro idioma.
Centro examinador de xaponés
Como novidade, nas mesmas datas ofértase un curso intensivo de 20 horas para a preparación do exame oficial de lingua xaponesa NOKEN (Nihongo nōryoku shiken), que acredita o coñecemento do idioma xaponés en todo o mundo e é análogo ao exame CELGA para a lingua galega e ao DELE para a lingua española.
O primeiro centro universitario que acolleu este exame en España foi a Universidade Autónoma de Barcelona en 1972, á que lle seguiu en 1992 a Autónoma de Madrid. Agora, a partir de 2012, a Universidade de Santiago de Compostela convértese no terceiro centro examinador oficial en España coa autorización da Japan Foundation.
Mércores, 30 de maio de 2012