Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
IV Fiadeiro de localización de software libre na ETSE
A cuarta edición do ETSE Open de SL/ Fiadeiro de localización de software libre é unha iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, organizada xunto co Servizo de Normalización Lingüística e co apoio de Trasno, que permitirá aprender e traballar de xeito colaborativo a persoas da USC con perfís moi diferentes, sexan estudantes, profesores/as ou PAS, a prol dun empeño común: galeguizar unha serie de aplicacións informáticas de software libre.
Se en edicións anteriores se afrontou a tradución parcial do NeatBeans e de dezaseis pequenas aplicacións, para esta edición encomendaráselles aos participantes un conxunto de cadeas para traducir por parellas, das seguintes aplicacións:
- Universal Subtitles. Unha aplicación en liña para subtitular vídeos
- Axuda en liña do Impress de Libre Office
- BlueGriffon. Editor de html e páxinas web, herdeiro da familia de editores de Mozilla como Kompozer, NVU, etc.
Que non che pareza difícil: o único requisito e contar cun nivel básico de inglés e de informática, e co nivel de galego adquirido nos estudos de Secundaria. O resto adquiriralo os xoves 19 e 26 de abril, nos obradoiros de formación en que has coñecer as ferramentas e os procedementos do traballo de localización. Entregarase materiais e haberá práctica, que dará pé á constitución de parellas interdisciplinares.
Posteriormente o sábado 28 de abril as persoas que participaron no obradoiro reuniranse outra volta na Aula I.5 da ETSE, no Edificio do Monte da Condesa (entrada fronte ao Estadio de Atletismo), desta vez para compartir durante 8 horas música, lecer, comida, conversa e traballo de localización, o cal se verá apoiado durante toda a xornada para resolver dúbidas polo profesorado do curso: Enrique Estévez Fernández e Antón Méixome, membros de Trasno e coordinadores dos equipos galegos de localización, respectivamente, dos produtos de Mozilla e de OpenOffice e LibreOffice.
De balde, créditos, diplomas, curriculum, premios!
Todo vantaxes: Todos os participantes, ademais de conseguiren un crédito de libre configuración ou créditos polo recoñecemento de competencias transversais (que se está a tramitar), arrequentarán o seu currículum cun diploma de participación na actividade e mais cunha constancia do seu traballo de localización da aplicación que se lle encomendara; do mesmo xeito, han figurar nos créditos propios da versión localizada.
Por outra banda, optan ao premio «Máis e mellor» para aquela parella que traduza máis cantidade de cadeas e coa maior calidade e que na anterior edición superou os 300 euros, pois se establece unha dotación económica de 0,10 euros por palabra única traducida correcta.
A inscrición, cuxo prazo remata o 15 de abril, é de balde e formalízase a través do web da ETSE, onde poderás atopar toda a información necesaria sobre esta iniciativa de dinamización para o fomento conxunto do galego e do software libre.
Venres, 30 de marzo de 2012