Novas recentes

Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I

O  «Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I» vailles darlles formación específica aos estudantes Aos alumnos e alumnas participantes de Dereito recoñeceráselles (Resolución reitoral 2011/61) 1 crédito de libre configuración, dado que se trata dunha actividade de 30 horas (20 horas presenciais e 10 horas de traballo persoal) que pretende o coñecemento en igualdade de condicións a súa linguaxe de especialidade tanto en castelán como en galego para poderen cumprir no seu futuro profesional co marco legal na cuestión lingüística.

Os seus obxectivos específicos son:

  • Coñecer as características principais do tecnolecto xurídico.
  • Asentar un modelo de linguaxe xurídica galega de calidade.
  • Familiarizarse coas peculiaridades morfolóxicas e sintácticas do galego xurídico.
  • Afondar no proceso de modernización estilística da linguaxe xurídica.
  • Dominar a terminoloxía básica da lingua do dereito.
  • Unificar criterios verbo da produción de tipoloxías documentais.
  • Unificar criterios verbo da aplicación de recursos ortotipográficos.

Durante o obradoiro tratarase cuestións de redacción, estilo, gramática, léxico e terminoloxía xurídica e coñeceranse recursos e ferramentas
de apoio. O obradoiro consta de clases presenciais con exposición por parte do profesor, reparto de material de apoio, elaboración de traballos e exposicións posteriores por parte dos alumnos e alumnas.

O profesor do obradoiro, Martín Ramos Ínsua, é licenciado en Filoloxía Galega pola USC. Actualmente é o técnico do Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago e é o profesor da materia “Linguaxe xurídica galega” na Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela.

O Obradoiro desenvolverase na propia Facultade de Dereito os días 27 e 28 de abril; 2, 4, 6, 9, 11, 13, 16 e 18 de maio, de 19.00 a 21.00 h. A inscrición na actividade, que é gratuíta, pódese facer entre o 1 e o 15 de abril dende a páxina web da actividade, no Servizo de Normalización Lingüística, onde atoparás toda a información necesaria.

O «Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I» forma parte do plan de normalización lingüística da Facultade de Dereito, «Témoslle lei», xunto con outras actividades formativas para o estudantado do centro, como o curso «Un galego perfecto en 30 horas» ou os «Obradoiro de habilidades orais e argumentativas».

 

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Xoves, 31 de marzo de 2011