Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Navegarmos en galego tamén co Firefox 4
Logo de moitos meses de traballo, a Fundación Mozilla lanzou oficialmente neste mes de marzo a última versión do seu famoso navegador, o Firefox 4. E de novo, grazas ao esforzo e traballo constante e voluntario da Comunidade galega de localización de Mozilla, co apoio e colaboración da Oficina de Software Libre da USC e do Proxecto Trasno, o galego é unha das 80 linguas en que se lanzou oficialmente: hai unha versión en galego que podes descargar gratuitamente.
Firefox 4, que no momento de redacción desta nova xa foi descargado por case 48 millóns de usuarios (71 mil deles, galegos), vén cunha renovada interface con novas característica e unha gran mellora na velocidade ademais de incluír as máis modernas tecnoloxías web. Neste momento está dispoñible para descarga tanto para Linux como para Windows e Mac e en breve estará dispoñible tamén para Android e Maemo.
A comunidade galega de localización de Mozilla, logo do traballo dos últimos meses para chegar a ter dispoñible Firefox 4 en galego e mais un complemento de corrector ortográfico, está xa a traballar para actualizar a súa páxina web e estreando presenza nas redes sociais como Twitter e Facebook, ademais de continuar coa tradución do resto de aplicativos de Mozilla.
Firefox 4 é entre dúas e catro veces máis rápido que as versión anteriores. O seu novo aspecto destaca o contido web e fai que a navegación sexa máis doada e eficiente. Ademais inclúe melloras de seguranza e privacidade da navegación con opcións como “Non quero ser rastrexado” e políticas de seguranza nos contidos que lle dan aos usuarios o control sobre os seus datos persoais. Por outra banda, incorpora funcionalidades que permiten sincronizar o historial de barra de navegación, os marcadores, as lapelas abertas ou as chaves de acceso entre os computadores e dispositivos móbiles nos que use Firefox.
Uses software privativo (Explorer) ou libre (Chrome, Firefox), navega en galego!
M ISABEL VAQUERO QUINTELA
Xoves, 31 de marzo de 2011