Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Parellaes
Gustaríache practicar catalán? Queres aprenderlle galego a outras persoas? Co programa «Parellaes« poderás facelo de xeito lúdico, coñecendo outras persoas e nun ambiente distendido. E con crédito!
Na USC acaba de botar a andar un programa de intercambio lingüístico galego-catalán especialmente pensado para todas aquelas persoas que queiran practicar algunha destas dúas linguas e teñan dificultades para facelo máis alá das aulas da Universidade. O nome elixido para este proxecto é «Parellaes», xa que cada grupo fórmano un estudante da USC que curse ou cursara algunha materia da Área de Catalán e outro que sexa orixinario do ámbito lingüístico catalán e que estea nesta Universidade cun programa SICUE-Séneca.
Se che interesa esta iniciativa e queres apuntarte, non tes máis que enviar un correo electrónico a <mamerce.lopez@usc.es> ou a <dolors.perarnau@usc.es>, explicando o teu nivel en nos dous idiomas, así como os teus gustos e preferencias. Axiña te han pór en contacto coa persoa máis acaída para intercambiardes coñecementos en lingua un mínimo de 10 sesións até o final de curso.. E se todo isto aínda non te acabou de convencer, lembra que esta actividade está recoñecida por un crédito de libre configuración na USC!
As parellas que se formen poderán practicar ambas as dúas linguas, catalán e galego, nun ambiente relaxado e cómodo: tomando unha cervexa, paseando o Campus ou de leria á noite. O importante é conversar, charlar, latricar, comentar, disertar, dialogar... falar, en galego e en catalán.
MIGUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
Luns, 31 de xaneiro de 2011