Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
«Educación e linguas en Galicia»: O primeiro e-book nativo da USC
No ano 2009 o novo goberno da Xunta anunciou a inminente derrogación do Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no ensino non universitario. Pasaron meses -case un ano- dende ese anuncio ata a promulgación do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo, e nese período de tempo a sociedade galega viviu con intensidade un debate sobre a cuestión do modelo lingüístico para o ensino.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación quixo atender esa cuestión candente dende unha focaxe académica, para o cal organizou as I Xornadas «Educación e linguas en Galicia», que se desenvolveron no centro a finais de novembro de 2009 con grande éxito de asistentes, de participación e de interese.
Un ano despois a Universidade de Santiago de Compostela edita as actas destas Xornadas e faino nun formato que permite o meirande achegamento posible de todas as persoas interesadas, libre e gratuitamente. «Educación e linguas en Galicia» é o primeiro libro da USC editado en formato electrónico de xeito nativo no repositorio dixital da Universidade, onde o podedes atopar canda unha parte dos fondos históricos e patrimoniais conservados na Biblioteca Universitaria, teses e artigos de revistas dixitalizados.
As achegas
Aínda que os contidos están protexidos pola lei como calquera outro libro editado de forma tradicional, esta edición permite a súa descarga no ordenador ou noutros dispositivos, ou a consulta sen restricións de todo o libro, navegando a través do índice de contidos inicial de xeito directo.
Podemos achegarnos así á panorámica sociolingüística e á tipoloxía de falantes de Fernando Ramallo (Universidade de Vigo); á análise que realiza Bieito Silva do modelo lingüístico do ensino non universitario en Galicia; ás estratexias que propoñen tres docentes de primaria e secundaria (Xosé Lastra, Valentina Formoso, Mercedes Queixas) na planificación lingüística escolar ou á exemplar experiencia do IES de Burela no que vén sendo a primeira parte, dedicada a fornecer o marco de discusión.
O segundo bloque bloque de contidos céntrase nos aspectos máis relacionados coa política lingüística cara ao ensino, co relatorio do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, ou o debate entre os representantes dos tres grupos parlamentarios Carme Adán, Guillermo Meijón e Román Rodríguez.
O penúltimo bloque está formado polas achegas e reflexións sobre a formación que reciben os futuros docentes de infantil, primaria e secundaria en relación coas linguas realizadas por Bieito Silva (titulación de Mestre/a), Francisco Candia (EU Formación do Profesorado de Lugo) e Ignacio Palacios (Filoloxía).
O relatorio da conferencia impartida por José Manuel Vez Jeremías sobre políticas europeas e globais en relación coas linguas, enfoques sobre o ensino de/en linguas e competencias plurilingües pecha este volume dixital coa seguinte cita: «a educación lingüística non é unha actividade neutral e require dun ingrediente político».
M ISABEL VAQUERO QUINTELA
Mércores, 01 de decembro de 2010