Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Achegándonos ao medio rural
A Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, acollerá os vindeiros días 9 e 10 de abril unhas xornadas tituladas Achegándonos ao medio rural. Están organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística xunto co SNL e os Comités, e diríxense principalmente ao alumnado do Campus de Lugo.
Estas xornadas teñen como finalidade ao achegamento a iniciativas e proxectos innovadores no medio rural dentro dun marco de sustentabilidade ambiental, económica, social e lingüística. Co programa daranse a coñecer experiencias que inclúen medios de produción con aproveitamento de recursos locais e abaratamento de custos, proxectos innovadores de agricultura e gandeira ecolóxica, conservación e mellora de razas autóctonas, así como a comercialización en galego como bandeira ou distintivo de calidade.
Cóntase coa participación en táboas redondas, conferencias e coloquios, de propietarios/as de empresas agro-gandeiras que están levando a cabo estes proxectos de innovación sustentable, así como doutros axentes que interveñen decididamente neste eido como veterinarios/as, representantes da Administración ou enxeñeiros/as agrónomos. A utilización da lingua galega como parte fundamental da estratexia publicitaria e de comercialización dos produtos, así como ferramenta de traballo ocupará dúas táboas redondas, que se verán complementadas cunha conferencia para divulgar os recursos lingüísticos existentes para o desenvolvemento profesional en galego no medio rural
Matrícula e créditos
A matrícula pódese efectuar a través da web das Xornadas ata o día 26 de marzo. O seu prezo é de 10 euros.
As persoas matriculadas que asistan regularmente ás Xornadas recibirán un diploma de asistencia por 15 horas. As que desexen, ademais, o recoñecemento de un crédito de libre configuración deberán con posterioridade propoñer unha idea innovadora para o medio rural que verse sobre algún dos distintos aspectos tratados nas xornadas. No web das Xornadas proporciónase un exemplo que pode servir de modelo.
Estes proxectos seguirán o formato do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC, e serán avaliados polo PDI que forma parte da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria. Animarase de forma especial aos alumnos/as para que presenten as súas ideas á convocatoria do antedito concurso de 2010, que está previsto que se abra en abril deste ano.
M ISABEL VAQUERO QUINTELA
Mércores, 17 de marzo de 2010