Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Cursos para o PDI
Ambos os cursos, de 30 horas, están recoñecidos dentro do Programa de Formación e Innovación Docente, e computan para o recoñecemento da formacion docente e para conseguir o Diploma de Docencia Universitaria.
Obradoiro de elaboración de unidades didácticas
A cuarta edición do «Obradoiro de elaboración de unidades didácticas» ten como obxectivo principal promover a elaboración e utilización de unidades didácticas de calidade como instrumento docente na USC, así como facilitar o uso da lingua galega nos materiais docentes. Precisamente non están a piques de saír a lume novas unidades didácticas como resultado da anterior edición do obradoiro, e que se unirán á colección das unidades didácticas xa publicadas.
O curso inclúe, en 30 horas presenciais, contidos pedagóxicos, lingüísticos, lexislativos e de edición a cargo de especialistas da USC, que logo han poñer en práctica os asistentes, elaborando as súas propias unidades didácticas sobre un tema que forme parte da súa actividade docente e utilizando un modelo que se lles proporciona no curso. Ese traballo, titorizado e avaliado conxunta e individualmente, ha permitir a edición de novas unidades didácticas da USC sobre os máis diversos temas. Cómpre lembrar que a utilización e publicación de materiais didácticos así como o uso da lingua galega na docencia se recoñecen como mérito dentro do programa Docentia.
A matrícula estará aberta dende o día 8 de abril no web do Programa de Formación e Innovación Docente. Desta volta o Obradoiro desenvolverase en xuño e setembro na Facultade de Dereito. É a súa Comisión de Normalización Lingüística a que organiza a actividade, xuntamente co SNL e o PFID, co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Obradoiro de presentacións dixitais eficientes
Pola súa banda, o «Obradoiro de presentacións dixitais eficientes: como utilizarmos as presentacións para comunciarmos mellor», pretende dar resposta ás necesidades comunicativas na docencia e estimular o uso eficiente das novas tecnoloxías na actividade docente, na divulgación científica e na comunicación institucional.
Este obradoiro vén sendo a continuación natural do Obradoiro de elaboración de unidades didácticas, pois versa sobre como trasladar o traballo docente nas aulas con axuda de presentacións dixitais. O obradoiro computa 30 horas, das cales 23 son presenciais e 7 de traballo persoal, para a elaboración dunha presentación.
É importante saber que este non é un curso de informática, senón de comunicación. Isto quere dicir que se traballará a utilización de programas de presentacións (PowerPoint, Impress e Keynote), mais os contidos centrais do obradoiro xirarán arredor da planificación dunha presentación (estrutura, redacción e axudas visuais) e dos xeitos de comunicar con apoio gráfico (naturalidade, conexión coa audiencia, xestión das preguntas...).
Trátase, ademais, dun curso práctico, en que cada asistente elaborará unha presentación propia segundo os contidos aprendidos no Obradoiro e seguindo un modelo moderno e de calidade. As últimas sesións dedicaranse á posta en escena diante do grupo, o que permitirá que os asistentes reflexionen sobre estes novos formatos e mellorar as presentacións co asesoramento dos profesores e a opinión dos seus propios compañeiros e compañeiras.
A matrícula estará aberta dende o día 8 de abril no web do Programa de Formación e Innovación Docente. O Obradoiro desenvolverase en xuño na Facultade de Veterinaria. É a súa Comisión de Normalización Lingüística a que organiza a actividade, xuntamente co SNL e o PFID, co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
M ISABEL VAQUERO QUINTELA
Luns, 15 de marzo de 2010