Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Axudas á investigación en galego: algunhas mudanzas
Dende 1994 a USC ofrece un programa de axudas ao uso do galego en proxectos de fin de carreira, memorias de licenciatura, traballos de investigación tutelados (TIT) e teses de doutoramento. Este incentivo axiña se converteu nun referente en moitas outras universidades, tanto galegas coma dos países cataláns. Dende aquela, máis de 1000 estudantes e investigadores solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.
Este programa de fomento completábase cos Premios á calidade e á excelencia lingüística dos traballos académicos, dirixidos a estudantes de diplomaturas e licenciaturas, co cal se cubría todo o espectro de estudos universitarios.
Os cambios que se están a producir na estrutura das titulacións impartidas na USC, por mor das esixencias do Espazo Europeo de Educación Superior, obrigan a realizar unha reestruturación das liñas de axudas que teñan en consideración a aparición de graos e mestrados, e a paulatina desaparición das vellas titulacións, diplomaturas e licenciaturas.
Para facelo dun xeito coherente, cómpre recoñecer que os proxectos de fin de carreira, que ata agora se incluían nas axudas á investigación, son análogos aos traballos de fin de grao das novas titulacións. Por iso, esta modalidade de traballo, os proxectos, ven agora recompensado o esforzo de os facer en lingua galega nos ditos Premios á calidade e á excelencia lingüística, con galardóns de 300 € por titulación. Deste xeito, todos os traballos que se realicen dentro dos graos e titulacións da primeira etapa universitaria fican abeirados a estes concursos que organizan as comisións de normalización lingüística dos centros.
Pola contra, a orientación investigadora de boa parte dos mestrados xustifica a súa inclusión na liña de subvencións para aqueles traballos que se realicen en galego ben na etapa de mestrado, ben na de tese: traballos de fin de mestrado, memorias de licenciatura, TIT e teses de doutoramento.
Deste xeito, as persoas que fagan os seus traballos en lingua galega poderán obter unha subvención para os gastos de fotocopiado e encadernación de:
- un máximo de 150 €, no caso dos traballos de fin de mestrado
- un máximo de 150 €, para as memorias de licenciatura e traballos de investigación tutelados
- un máximo de 400 € para as teses de doutoramento
As subvención complétanse con servizos de consulta lingüística e terminolóxica, así como de asesoramento para a corrección lingüística por parte do Servizo de Normalización Lingüística.
As axudas cómpre solicitalas no mesmo ano en que se defende o traballo, a través do rexistro da USC.
ISABEL VAQUERO QUINTELA
Mércores, 24 de febreiro de 2010