Novas recentes
As linguas dos TFG e TFM de 2020
Martes, 04 de maio de 2021
Tese en galego? Por que non?
Martes, 27 de abril de 2021
XVII Premios á calidade lingüística
Martes, 27 de abril de 2021
Terminoloxía con formatos visuais
Martes, 27 de abril de 2021
Pasen e concursen (en Filoloxía, Xeografía e Historia, e Química)
Martes, 27 de abril de 2021
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Dereito ten un plan
A Facultade de Dereito é unha das de maior impacto, tanto na USC pola súa tradición e avoengo, así como tamén polo número de alumnos e alumnas, como na sociedade galega. A súa titulación estrela, a licenciatura en Dereito, viu medrar paseniñamente o uso do galego na súa docencia dende un inicial 3,79% no curso 2003-2004 ata un 11,88% neste mesmo curso que andamos.
Para darlle máis pulo a este cambio espontáneo, a Facultade de Dereito aprobou, facendo seu, un plan de actuacións que xa lle fora presentado polo Consello de Dirección ao seu decano Luis Míguez Macho, e mais á presidenta da Comisión de Normalización Lingüística de Dereito, Antonia Nieto Alonso. A Comisión de Normalización analizouno e debateuno, presentou unha serie de alegacións e finalmente presentouse e aprobouse na Xunta de Facultade.
O obxectivo xeral que se persegue é que en tres cursos académicos se aumente o uso do galego ata o 30% na docencia na licenciatura en Dereito (e, a partir do vindeiro curso, no grao en Dereito). Isto supón triplicalo a respecto do índice actual. Para conseguilo proponse un plan de actuacións dirixido a catro ámbitos (institucional, do PDI, do alumnado, da proxección exterior), que contén 42 medidas artelladas arredor de 8 programas. O plan de actuacións está baseado no Plan de Normalización Lingüística da USC.
Tamén se tivo en conta o Plan xeral de normalización da lingua galega, pois nel hai dous sectores verticais especialmente unidos á extensión do galego na Facultade de Dereito: o propio sector do ensino e mais o sector da Administración (administracións da Xunta, local, Xustiza, periférica do Estado e notarías).
O éxito da proposta, que respecta a vontade individual de docentes e estudantes, depende fundamentalmente do compromiso que a Facultade, a través dos seus órganos de goberno e organización, e das persoas que a integran, estea disposta a asumir. En breve se iniciará unha rolda de xuntanzas para analizar a implementación do Plan.
Venres, 29 de xaneiro de 2010