Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

200. Variante delta: os virus perderon o pasaporte

Achégase o verán, aumenta a poboación vacinada, van desaparecendo parte das restricións... parece que se acumulan as boas novas en relación coa COVID-19, se as novas variantes o permiten. Porque a delta, a última en facerse mediática, xa está lentificando ou paralizando a desescalada en varios países europeos.

Nos meses que levamos oíndo falar das distintas variantes (se eran máis contaxiosas, se as vacinas ían manter ou non a súa eficacia...) estas sempre tiñan un xentilicio que as identificaba como un pasaporte: eran británicas, surafricanas ou brasileiras. Pero nos últimos días vivimos en directo un cambio: a variante india perdeu o xentilicio e pasou a denominarse delta. Que foi o que pasou?

Para explicalo, imos falar un pouco das variantes do SARS-CoV-2, de como se clasifican e de como se lles pon nome. E para iso, comecemos polo principio.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) fai un seguimento especial daquelas variantes que poden supor un perigo para a saúde global, e clasifícaas en dúas categorías segundo a gravidade deste perigo:

  1. As variantes de interese son aquelas que posúen no seu xenoma mutacións con implicacións fenotípicas establecidas ou sospeitadas; e que ademais cumpren unha das condicións seguintes: a) causar múltiples casos de transmisión comunitaria ou ser detectada en múltiples países; b) ser clasificada nesta categoría pola OMS.

  2. As variantes preocupantes son variantes de interese con vinculación demostrable con algunha das seguintes alteracións, nun grao significativo para a saúde pública mundial: a) aumentar a transmisibilidade ou empeorar a epidemioloxía da COVID-19; b) aumentar a virulencia ou alterar as doenzas clínicas asociadas que provoca; c) diminuír a eficacia das medidas de saúde pública ou das ferramentas diagnósticas e terapéuticas que se empregan para tratala.

Estas últimas son as que, pola súa relevancia social, rebordaron o ámbito da investigación científica e chegaron aos medios de comunicación e a espazos divulgativos. Como as nomenclaturas científicas (B.1.1.7, B.1.617.2 e cousas así) non eran utilizables neses contextos, comezaron a empregarse denominacións que aludían ao estado onde esa variante se documentou en primeiro lugar: así comezamos a oír falar das variantes con xentilicios (a última delas, a india).

Pero a OMS considerou —con razón— que estes nomes son discriminatorios e estigmatizantes, e que sinalan a determinados estados e poboacións. E por iso, desde hai unhas semanas, recomenda para os usos non científicos unha nova nomenclatura baseada no alfabeto grego, e invita a non empregar os nomes que aluden a un lugar xeográfico concreto.  

Velaí o motivo polo que os nomes das variantes do SARS-CoV-2 perderon o seu pasaporte, e a variante india se converteu en variante delta.

E tamén por iso é mellor empregar variante alfa (no canto de variante británica), variante beta (mellor ca variante surafricana) e variante gamma (mellor ca variante brasileira).

 

 

XUSTO RODRIGUEZ RIO

Mércores, 23 de xuño de 2021