Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

199. Restaurar, rehabilitar, recuperar ou reconstruír un ecosistema?

Despois de dous anos de hibernación, moitos pensariades que a parada era xa unha defunción (✝RIP). Pero levabamos tempo pensando en resucitar esta sección, e o Día Mundial do Medio Ambiente deste ano pareceunos unha boa ocasión: que se elixise como tema a restauración de ecosistemas, xusto cando pensabamos en "restaurar" Un idioma preciso, era unha coincidencia merecente de ser aproveitada.

Por iso, nesta primeira precisión "resucitada" fixarémonos nuns cantos termos vinculados a esa conmemoración, que ás veces se empregan de forma imprecisa. Imos alá:

  • O máis ambicioso deles é a restauración ecolóxica. Chámaselle así ao proceso de asistencia á recuperación dun ecosistema degradado, danado ou destruído por accións externas, que busca devolvelo integralmente ao seu estado previo á degradación. Tamén se lle chama, por veces, restauración de ecosistemas, pero outros especialistas reservan esta denominación para as actuacións de recuperación que atenden máis á achega de servizos ecosistémicos ca á propia restauración integral.

    Esta restauración pode ser activa, se hai intervención humana directa para orientala e acelerala (replantando especies, por exemplo), ou pasiva, cando a intervención se limita a eliminar os elementos que causaron a degradación, e deixa despois que o ecosistema se recupere por si mesmo.
  • A rehabilitación ecolóxica ou rehabilitación de ecosistemas é un proceso menos ambicioso. Non aspira a devolverlle a un ecosistema as características previas á degradación, pero intentar recuperar ao máximo a súa funcionalidade, produtividade e os servizos ambientais que pode producir. Por ese motivo, permítense intervencións como a introdución de especies inexistentes no ecosistema previo, que non terían cabida nunha restauración.
  • Se os terreos estan tan degradados que non é posible recuperar nin a estrutura nin a funcionalidade do ecosistema orixinal, adoita poñerse en marcha unha recuperación de terreos: un conxunto de prácticas que aspiran a devolverlles a eses espazos valor para a natureza ou a agricultura aínda que sexa a niveis modestos. Cando se actúa sobre espazos industriais ou mineiros, sobre entulleiras, ou cando se converte un vertedoiro nun parque, vemos actuacións deste tipo.
  • Por último, se o ecosistema debe ser reconstruído na súa totalidade, ou se se tomou a decisión estratéxica de instalar un ecosistema totalmente diferente do preexistente, do que falamos é dunha reconstrución ecolóxica ou creación de ecosistemas, como cando se crea un lago nunha antiga explotación mineira.

  

XUSTO RODRIGUEZ RIO

Sábado, 05 de xuño de 2021