Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

197. Deixade que vos explique que é o "mansplaining"

Se fósemos coherentes, este artigo debería escribilo e asinalo unha muller, pero hai que conformarse cun home falando de mansplaining (o que se cadra é un exemplo de mansplaining de libro, non si?).

Este termo inglés describe a 'explicación que un home lle dá a unha muller facendo ostentación dos seus coñecementos e cun talante condescendente e paternalista' e —aínda que se usa moito entre nós— parece difícil que acabe sendo aceptado dentro do léxico galego, por causa desa terminación -ing.

Algo semellante ocorre nas linguas veciñas, que tamén intentan substituílo por expresións alternativas que usen elementos propios. Así, en portugués falan de homexplicanismo, en castelán de machoexplicación, condescendencia machista ou machorragia, en francés de mecsplication ou penisplication, e en catalán de explicació masculina condescendent.

En galego, unha forma acaída podería ser o homexplicación que lanza Emma Pedreira no seu Glosario feminista de peto, porque conserva o ton informal e ten o orixinal inglés e describe perfectamente a idea que hai detrás. E ademais, crea un patrón de formación de palabras que pode aplicarse a outros termos relacionados, como por exemplo manspreading.

Con esta palabra faise referencia ao 'hábito masculino de sentar en lugares públicos (asentos de medios de transporte, paradas de autobús, bancos públicos...), coas pernas moi abertas, abranguendo así máis espazo do que sería necesario e invadindo o que ocupan outras persoas'. Como o verbo galego escarranchar describe perfectamente esta acción, poderiamos aplicarlle o modelo anterior, para construír homescarranchamento como substituto do anglicismo. Algo semellante é o que se fai en castelán con despatarre ou despatarre masculino e en catalán con eixancarrament masculí.

 

En resumo, propoñemos usar en galego os neoloxismos homexplicación e homescarranchamento no canto das formas inglesas mansplaining e manspreading. Son perfectamente descritivas, manteñen o ton informal e evitan a terminación en -ing da que o léxico galego en xeral intenta escapar.

 

Xusto A. Rodríguez Río

Xoves, 14 de marzo de 2019