Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

194. Vencellos, mantiños... outra de castelanismos travestidos

Ao longo dos anos escribimos en varias ocasións sobre castelanismos travestidos: palabras como carrileira ou arpilleira que, cunha aparencia galega, intentan disfrazar a súa esencia castelá. Estes días batemos con outros dous que queremos compartir con vós.

Hai só un par de días que descubrimos que unha colonia de vencellos fai os seus niños na Muralla de Lugo. Vencellos? En serio? Ataduras de palla adquirindo vida? Evidentemente, non. Alguén decidiu que con coller o nome do paxaro en castelán (vencejo -Apus apus-) e aplicarlle polas bravas a suposta equivalencia "castelán -j- <> galego -ll-" xa tiña o nome en galego. Pero resulta que esta ave xa ten nome de seu (birrio ou cirrio).

Por outra parte, preguntáronnos hai uns días que palabra se debía usar en galego para nomear a 'capa de materiais orgánicos, parcial ou totalmente descompostos, situada debaixo da follasca e inmediatamente encima do solo mineral', á que en castelán se lle chama mantillo. Ao comezarmos a consultar documentación atopamos propostas moi parecidas á que acabamos de ver:

  • Hai quen parte do castelán e substitúe o seu compoñente máis identificativo (-illo) pola súa suposta equivalencia en galego (-iño). O que nos leva a mantiño, un castelanismo disfrazado de libro, que deberiamos rexeitar.

  • Algúns dicionarios parten do suposto de que xa existe unha palabra galega que se refire ao mesmo concepto e recomendan o uso desa forma. O Dicionario castelán-galego da RAG, aconsella usar humus, e o Léxico panlatino dos biocarburantes, propón broza ou mulime.
    Pero na nosa opinión, o suposto de partida está equivocado: calquera destes tres termos refírese a algo parecido, pero diferente, daquilo que estamos buscando. Por iso, usalos como equivalente de mantillo pode provocar problemas de ambigüidade que na linguaxe especializada cumpriría evitar. Temos, xa que logo, que seguir buscando.

  • Se desbotamos o castelanismo disfrazado, e asumimos que non se poden reutilizar palabras preexistentes en galego, só nos queda a opción de facer neoloxía mirando para as linguas próximas a nós. Con ese enfoque traballaron os autores do Vocabulario forestal, que recomendan as expresións manta de descomposición ou manta morta (esta última, idéntica á empregada en portugués). 

Estas últimas propostas (manta de descomposición ou manta morta) son —na nosa opinión— as máis recomendables, a pesar de que teren un uso moi pequeno na documentación. E sono porque evitan os problemas das outras dúas alternativas: o castelanismo evidente de mantiño, e a falta de precisión que comporta tratar como iguais conceptos que non o son... E non esquezades que esta bitácora chámase Un idioma preciso.

 

 

Mércores, 27 de xuño de 2018