Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

192. Os nosos datos persoais, os nosos dereitos

Se cadra alguén de entre vós recibiu estes últimos días correos electrónicos con títulos como Adaptamos a nosa política de privacidade.- Adaptación ao Regulamento Xeral de Protección de Datos, ou cousa parecida (risas e gargalladas)... Agora que por fin o tal Regulamento entra en vigor e as empresas van deixar de saturar a nosa caixa de correo parece un bo momento para salientar os seus termos esenciais, sobre todo os referidos aos dereitos que temos en relación cos nosos datos persoais. 

Pero comecemos polo principio... Cando falamos de datos persoais ou de datos de carácter persoal (ES: datos personales. PT: dados pessoais. EN: personal data. CT: dades personals), referímonos a calquera información tocante a persoas físicas identificadas ou identificables, sexa numérica, alfabética, gráfica, fotográfica, acústica ou de calquera outro tipo.

O Regulamento que este 25 de maio comeza a aplicarse establece que as persoas temos —en relación cos nosos datos persoais— unha serie de dereitos, entre os que salientan:

  • Dereito de acceso (ES: derecho de acceso. PT: direito de acesso. EN: right of access. CT: dret d’accés). É o dereito a sermos informados/das sobre os datos de carácter persoal propios en poder de terceiros, nomeadamente sobre a súa orixe, tratamento e finalidade; e tamén a saber se se cederon no pasado ou poden ser cedidos no futuro.

  • Dereito de rectificación (ES: derecho de rectificación. PT: direito de retificação. EN: right to rectification. CT: dret de rectificació). É o dereito de modificar e actualizar os datos de carácter persoal propios, sobre todo se na actualidade non son exactos.

  • Dereito de supresión (ES: derecho de supresión. PT: direito ao apagamento dos dados. EN: right to erasure. CT: dret de supressió). É o dereito a que os datos de carácter persoal propios sexan eliminados sen ningunha dilación indebida.

  • Dereito de oposición (ES: derecho de oposición. PT: direito de oposição. EN: right to object. CT: dret d’oposició). Temos dereito a que os datos de carácter persoal propios non sexan utilizados para determinados temas.

  • Dereito ao esquecemento (ES: derecho al olvido. PT: direito a ser esquecido. EN: right to be forgotten. CT: dret a l’oblit). Dereito a que os datos de carácter persoal que afecten a un individuo sexan suprimidos, e se impida a súa difusión a través de internet.

  • Dereito á limitación do tratamento (ES: derecho a la limitación del tratamiento. PT: direito à limitação do tratamento. EN: right to restriction of processing. CT: dret a la limitació del tractament). Dereito a restrinxir o tratamento dos datos de carácter persoal propios; establecendo, por exemplo que se garden sen tratar de cara a unha futura reclamación.

  • Dereito á portabilidade dos datos (ES: derecho a la portabilidad de los datos. PT: direito de portabilidade dos dados. EN: right to data portability. CT: dret a la portabilitat de les dades). Dereito a recibir os datos de carácter persoal propios nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica.

Como a nosa man é máis rápida ca a nosa vista, e calca no botón Aceptar antes de que leamos esas mensaxes que nos chegan ao correo electrónico, non nos ha sobrar retermos os nosos dereitos básicos (e os seus nomes en galego) para estar un pouco máis protexidos e saber o que podemos facer cando comecemos a recibir ofertas, promocións e anuncios remitidos por entidades ás que non lembramos darlles nunca teléfono nin enderezo electrónico.

 

XUSTO RODRÍGUEZ RÍO

Venres, 25 de maio de 2018