Un idioma preciso
200. Variante delta: os virus perderon o pasaporte
Mércores, 23 de xuño de 2021
199. Restaurar, rehabilitar, recuperar ou reconstruír un ecosistema?
Sábado, 05 de xuño de 2021
198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal
Mércores, 10 de abril de 2019
197. Deixade que vos explique que é o "mansplaining"
Xoves, 14 de marzo de 2019
196. Especies de estrangulamento... Peixes que afogan mariñeiros?
Venres, 15 de febreiro de 2019
195. Investigado, procesado, encausado, acusado... quen é quen?
Xoves, 26 de xullo de 2018
194. Vencellos, mantiños... outra de castelanismos travestidos
Mércores, 27 de xuño de 2018
193. Contradictio in terminis: cando o inglés é a mellor opción
Mércores, 06 de xuño de 2018
192. Os nosos datos persoais, os nosos dereitos
Venres, 25 de maio de 2018
191. Dío en inglés, que queda máis moderno: o caso dos "badges"
Venres, 27 de abril de 2018
190. Aforamentos de políticos, de leiras... e de teatros?
Xoves, 05 de abril de 2018
189. Brechas que cómpre ignorar, fendas que cómpre pechar
Xoves, 08 de marzo de 2018
188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe
Xoves, 22 de febreiro de 2018
187. O bitcoin e outros termos arredor del
Mércores, 07 de febreiro de 2018
167. Xogando a converterse en gamos?
Mércores, 29 de novembro de 2017
186. Un par de anglicismos da edición académica: "preprint" e "postprint"
Luns, 06 de novembro de 2017
185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?
Mércores, 20 de setembro de 2017
184. Argalleiros que melloran o mundo
Venres, 30 de xuño de 2017
183. Un latinismo vivindo na auga doce
Xoves, 08 de xuño de 2017
182. "Ransomware": se te secuestran mellor que te decates
Xoves, 25 de maio de 2017
181. Facer "escrol" coa barra de desprazamento.
Xoves, 11 de maio de 2017
180. Plantas que ruben, animais que gatean
Xoves, 07 de maio de 2015
179. As razóns da "ratio"
Venres, 27 de febreiro de 2015
178. Depreciación e desvalorización
Mércores, 28 de xaneiro de 2015
177. "Islamita" ou "islamista"?
Venres, 09 de xaneiro de 2015
176. Onde hai patrón...
Martes, 14 de outubro de 2014
175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?
Mércores, 02 de xullo de 2014
174. Abellóns por control remoto
Mércores, 18 de xuño de 2014
173. A "mariola" non é (só) un xogo.
Martes, 27 de maio de 2014
172. "Vial" e "viario": feitos o un para o outro?
Luns, 28 de abril de 2014
171. Cócteles de enerxías: "energy mix"
Luns, 24 de marzo de 2014
170. A RAG falla con "fallo".
Venres, 07 de marzo de 2014
169. Contidos "curados" é o contrario de contidos frescos?
Venres, 14 de febreiro de 2014
168. E Border de que enfermou?
Mércores, 22 de xaneiro de 2014
167. Xogando a converterse en gamos?
Luns, 16 de decembro de 2013
166. Startup, ou os anglicismos (disque) insubstituíbles
Luns, 02 de decembro de 2013
165. Un caso de trasacordos: *entablillar
Venres, 15 de novembro de 2013
164. Os gatos galegos rosman de contentos?
Martes, 29 de outubro de 2013
163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?
Mércores, 26 de xuño de 2013
162. Conformámonos co "achantamento"?
Venres, 31 de maio de 2013
161. # e &: dous símbolos na busca de nome
Venres, 10 de maio de 2013
160. Feixes que forman faxinas.
Martes, 02 de abril de 2013
159. Obstáculos para o atletismo
Luns, 11 de marzo de 2013
158. "Crowdfunding", ou mecenas en tempos de crise
Luns, 18 de febreiro de 2013
157. Caudais que non levan auga.
Xoves, 17 de xaneiro de 2013
156. Precisións dos lectores 7: o nome galego de "ocularia"
Venres, 21 de decembro de 2012
155. O *badén que non sabía se subía ou se baixaba
Martes, 14 de febreiro de 2012
154. Dúas miradas sobre un mesmo problema: liña de vida
Martes, 10 de xaneiro de 2012
153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa
Mércores, 14 de decembro de 2011
152. Case son cristais, pero non: os cuasicristais
Venres, 07 de outubro de 2011
151. Montes e moreas na memoria dun ordenador
Luns, 19 de setembro de 2011
150. Unha proposta de nomenclatura para os grupos de solos de referencia da FAO
Xoves, 14 de xullo de 2011
149. Non son bulbos, pero paréceno: os "bulbilos"
Mércores, 15 de xuño de 2011
148. Un "xacemento" en movemento
Mércores, 11 de maio de 2011
147. Ordenadores escravos con mestres que mandan neles
Venres, 15 de abril de 2011
146. Precisión ornitolóxica 6: *becada e *becacina
Mércores, 23 de marzo de 2011
145. Precisión ornitolóxica 5: lampareiro ou gavita para Haematopus ostralegus?
Venres, 25 de febreiro de 2011
144. Precisión ornitolóxica 4: Rallus aquaticus e Crex crex
Venres, 11 de febreiro de 2011
143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura
Mércores, 12 de xaneiro de 2011
142. Precisión ornitolóxica 2: mobella, non *colimbo
Luns, 27 de decembro de 2010
141. Precisións ornitolóxicas: unha serie de Silverio Cerradelo
Luns, 20 de decembro de 2010
140. Castelanismos agachados debaixo dun casco: a "carrileira"
Xoves, 09 de setembro de 2010
139. Cargar un coche cun enchufe: as "electrolineiras".
Venres, 18 de xuño de 2010
138. Ordenadores en tabletas
Luns, 31 de maio de 2010
137. Se quito grosor, estou regrosando?
Luns, 15 de marzo de 2010
136. O salto da lingua común á especializada: o caso de "nesgo"
Venres, 19 de febreiro de 2010
135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?
Venres, 29 de xaneiro de 2010
134. Agardando a vez para mandar: as "presidencias de quenda"
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
133. Novos títulos para novos estudos: maior e minor
Venres, 18 de decembro de 2009
132. Trialogando entre tres
Venres, 27 de novembro de 2009
131. Unha planta mediática... por canto tempo?
Martes, 10 de novembro de 2009
130. Ofertas e demandas elásticas
Venres, 16 de outubro de 2009
186. Un par de anglicismos da edición académica: "preprint" e "postprint"
Hai uns poucos días, o mundo académico en xeral --e a Universidade de Santiago en particular-- celebrou a X Semana Internacional do Acceso Aberto, e desde o Servizo de Normalización quixemos contribuír á conmemoración elaborando e divulgando un pequeno glosario sobre este ámbito.
Tres dos seus termos máis comúns (os que describen as versións polas que pasa un artigo científico ata ser definitivamente publicado) son coñecidas habitualmente polo seu nome en inglés (preprint, postprint e version of record), unha opción que nos parece pouco precisa a nivel conceptual e de escasa calidade lingüística. Deámoslles logo unha voltiña:
- O preprint é a 'versión dun documento que aínda non foi sometido ao proceso de avaliación por expertos, que se distribúe para recibir comentarios e suxestións previas da comunidade académica'.
Por iso, no canto de manter a palabra inglesa ou facer unha suposta tradución atrapallada (preimpresión?), cremos que o mellor é recomendar versión enviada, unha expresión moito máis transparente e que axuda a entender mellor o momento de elaboración do documento. - O postprint (tamén chamado accepted author manuscript) é a 'versión do documento que xa foi sometida ao proceso de avaliación por expertos'1.
Se aplicamos o criterio anterior e pretendemos desbotar o anglicismo ou a súa tradución, cabería optar por versión de autor aceptada ou versión de autor revisada. - A version of record (que tamén recibe o nome de VoR ou publisher version) é a versión final dun documento, aquela que xa foi sometida ao proceso de avaliación por expertos, maquetada e publicada pola editorial.
Neste caso, a tradución do nome inglés ofrecería un resultado máis aceptable, pero o habitual é referirse a ela como versión publicada.
A serie versión enviada > versión de autor aceptada > versión publicada ofrecen unha estrutura conceptual máis coherente (presentando os seus tres elementos como o que son: modalidades de versións) e que describe o contido de cara unha delas mellor ca o correspondente anglicismo ou ca a súa tradución literal. Estas últimas podían provocar confusións ao mesturar un proceso técnico (a impresión) coas distintas fases dun proceso de edición académica. |
- Chamámoslle avaliación por expertos ou revisión por expertos ao proceso de avaliación dun artigo, dunha publicación, dun proxecto, etc. que realiza unha comisión de profesionais especializados na materia de que trata, coñecido en inglés como peer review.
XUSTO RODRIGUEZ RIO
Luns, 06 de novembro de 2017