Un idioma preciso
200. Variante delta: os virus perderon o pasaporte
Mércores, 23 de xuño de 2021
199. Restaurar, rehabilitar, recuperar ou reconstruír un ecosistema?
Sábado, 05 de xuño de 2021
198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal
Mércores, 10 de abril de 2019
197. Deixade que vos explique que é o "mansplaining"
Xoves, 14 de marzo de 2019
196. Especies de estrangulamento... Peixes que afogan mariñeiros?
Venres, 15 de febreiro de 2019
195. Investigado, procesado, encausado, acusado... quen é quen?
Xoves, 26 de xullo de 2018
194. Vencellos, mantiños... outra de castelanismos travestidos
Mércores, 27 de xuño de 2018
193. Contradictio in terminis: cando o inglés é a mellor opción
Mércores, 06 de xuño de 2018
192. Os nosos datos persoais, os nosos dereitos
Venres, 25 de maio de 2018
191. Dío en inglés, que queda máis moderno: o caso dos "badges"
Venres, 27 de abril de 2018
190. Aforamentos de políticos, de leiras... e de teatros?
Xoves, 05 de abril de 2018
189. Brechas que cómpre ignorar, fendas que cómpre pechar
Xoves, 08 de marzo de 2018
188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe
Xoves, 22 de febreiro de 2018
187. O bitcoin e outros termos arredor del
Mércores, 07 de febreiro de 2018
167. Xogando a converterse en gamos?
Mércores, 29 de novembro de 2017
186. Un par de anglicismos da edición académica: "preprint" e "postprint"
Luns, 06 de novembro de 2017
185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?
Mércores, 20 de setembro de 2017
184. Argalleiros que melloran o mundo
Venres, 30 de xuño de 2017
183. Un latinismo vivindo na auga doce
Xoves, 08 de xuño de 2017
182. "Ransomware": se te secuestran mellor que te decates
Xoves, 25 de maio de 2017
181. Facer "escrol" coa barra de desprazamento.
Xoves, 11 de maio de 2017
180. Plantas que ruben, animais que gatean
Xoves, 07 de maio de 2015
179. As razóns da "ratio"
Venres, 27 de febreiro de 2015
178. Depreciación e desvalorización
Mércores, 28 de xaneiro de 2015
177. "Islamita" ou "islamista"?
Venres, 09 de xaneiro de 2015
176. Onde hai patrón...
Martes, 14 de outubro de 2014
175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?
Mércores, 02 de xullo de 2014
174. Abellóns por control remoto
Mércores, 18 de xuño de 2014
173. A "mariola" non é (só) un xogo.
Martes, 27 de maio de 2014
172. "Vial" e "viario": feitos o un para o outro?
Luns, 28 de abril de 2014
171. Cócteles de enerxías: "energy mix"
Luns, 24 de marzo de 2014
170. A RAG falla con "fallo".
Venres, 07 de marzo de 2014
169. Contidos "curados" é o contrario de contidos frescos?
Venres, 14 de febreiro de 2014
168. E Border de que enfermou?
Mércores, 22 de xaneiro de 2014
167. Xogando a converterse en gamos?
Luns, 16 de decembro de 2013
166. Startup, ou os anglicismos (disque) insubstituíbles
Luns, 02 de decembro de 2013
165. Un caso de trasacordos: *entablillar
Venres, 15 de novembro de 2013
164. Os gatos galegos rosman de contentos?
Martes, 29 de outubro de 2013
163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?
Mércores, 26 de xuño de 2013
162. Conformámonos co "achantamento"?
Venres, 31 de maio de 2013
161. # e &: dous símbolos na busca de nome
Venres, 10 de maio de 2013
160. Feixes que forman faxinas.
Martes, 02 de abril de 2013
159. Obstáculos para o atletismo
Luns, 11 de marzo de 2013
158. "Crowdfunding", ou mecenas en tempos de crise
Luns, 18 de febreiro de 2013
157. Caudais que non levan auga.
Xoves, 17 de xaneiro de 2013
156. Precisións dos lectores 7: o nome galego de "ocularia"
Venres, 21 de decembro de 2012
155. O *badén que non sabía se subía ou se baixaba
Martes, 14 de febreiro de 2012
154. Dúas miradas sobre un mesmo problema: liña de vida
Martes, 10 de xaneiro de 2012
153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa
Mércores, 14 de decembro de 2011
152. Case son cristais, pero non: os cuasicristais
Venres, 07 de outubro de 2011
151. Montes e moreas na memoria dun ordenador
Luns, 19 de setembro de 2011
150. Unha proposta de nomenclatura para os grupos de solos de referencia da FAO
Xoves, 14 de xullo de 2011
149. Non son bulbos, pero paréceno: os "bulbilos"
Mércores, 15 de xuño de 2011
148. Un "xacemento" en movemento
Mércores, 11 de maio de 2011
147. Ordenadores escravos con mestres que mandan neles
Venres, 15 de abril de 2011
146. Precisión ornitolóxica 6: *becada e *becacina
Mércores, 23 de marzo de 2011
145. Precisión ornitolóxica 5: lampareiro ou gavita para Haematopus ostralegus?
Venres, 25 de febreiro de 2011
144. Precisión ornitolóxica 4: Rallus aquaticus e Crex crex
Venres, 11 de febreiro de 2011
143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura
Mércores, 12 de xaneiro de 2011
142. Precisión ornitolóxica 2: mobella, non *colimbo
Luns, 27 de decembro de 2010
141. Precisións ornitolóxicas: unha serie de Silverio Cerradelo
Luns, 20 de decembro de 2010
140. Castelanismos agachados debaixo dun casco: a "carrileira"
Xoves, 09 de setembro de 2010
139. Cargar un coche cun enchufe: as "electrolineiras".
Venres, 18 de xuño de 2010
138. Ordenadores en tabletas
Luns, 31 de maio de 2010
137. Se quito grosor, estou regrosando?
Luns, 15 de marzo de 2010
136. O salto da lingua común á especializada: o caso de "nesgo"
Venres, 19 de febreiro de 2010
135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?
Venres, 29 de xaneiro de 2010
134. Agardando a vez para mandar: as "presidencias de quenda"
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
133. Novos títulos para novos estudos: maior e minor
Venres, 18 de decembro de 2009
132. Trialogando entre tres
Venres, 27 de novembro de 2009
131. Unha planta mediática... por canto tempo?
Martes, 10 de novembro de 2009
130. Ofertas e demandas elásticas
Venres, 16 de outubro de 2009
181. Facer "escrol" coa barra de desprazamento.
A barra de desprazamento [Dicionario da RAG; Digatic] dunha aplicación informática é un estreito rectángulo que aparece na parte dereita e/ou na inferior da pantalla cando se presenta nela un elemento (documento, imaxe, páxina web...) que non cabe no espazo destinado á súa visualización. Ao usala, podemos mover ese elemento á esquerda/dereita ou arriba/abaixo —segundo a barra que empreguemos— coa axuda da caixa de desprazamento, ou da frecha de desprazamento.
Todos estes nomes galegos copian e traducen os empregados en inglés (scrollbar, scroll box, scroll arrow...), igual que fan o portugués, o castelán ou o francés.
Por iso resulta sorprendente que, para referirse ao movemento que facemos con esa barra, o mesmo Dicionario galego das TIC que recomendaba barra de desprazamento, propoña usar escrol, adaptando simplemente o inglés scroll á pronuncia galega. Ou que lle chame escrol vertical á "barra vertical, que aparece na parte dereita da fiestra, que indica a parte do documento que está a ser visualizada dentro da fiestra"; é dicir, á barra de desprazamento que permite mover un elemento cara a arriba e cara a abaixo.
A nós isto parécenos incoherente, e como unha incoherencia é unha incoherencia, por moito que veña avalada pola Real Academia Galega, preferimos empregar desprazar cando se fala de "mover un documento ou calquera outro elemento nunha xanela dun dispositivo electrónico co fin de ver un fragmento concreto del"; e desprazamento, se nos referimos á "acción de facer ese movemento".
Optar por estas dúas formas permite manter unha relación máis coherente entre os conceptos e os nomes que lles damos (desprazar > desprazamento > barra de desprazamento). Pero é que ademais, estes últimos son os máis coñecidos polos usuarios ao seren os que se empregan nos menús e nos manuais dos sistemas operativos e paquetes ofimáticos desenvolvidos por Microsoft, e nos que se basean en software libre.
Despois de todo isto, esperamos que quedarades convencidos de que non hai necesidade ningunha de usar "escrol" falando ou escribindo en galego, e de que termos construídos a partir da idea de desprazar (desprazamento -por scrolling-, barra de desprazamento -por scroll bar-, desprazamento infinito -por infinite scrolling-...) son máis transparentes, coherentes entre si, e encaixan mellor coa estrutura desta lingua. |
XUSTO RODRIGUEZ RIO
Xoves, 11 de maio de 2017