Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

176. Onde hai patrón...

Desde hai unhas poucas semanas, o Dicionario da Real Academia Galega incorporou unha importante modificación: permite acceder a unha sección na que se informa das "Últimas voces actualizadas" e se explica en que consistiron esas modificacións, que afectan xa a varios centos de entradas.
 

Se escribimos sobre isto aquí, é porque nuns cantos casos as novidades do Dicionario atenden a conceptos que xa trataramos desde "Un idioma preciso"; e polo menos en catro deles chegan a unha conclusión distinta á nosa, o que os leva a recomendar formas que nós desaconsellabamos. Xa actualizamos os artigos correspondentes, pero parécenos tamén interesante anotar aquí as solucións "canónicas".
 

  • Na precisión 43 analizabamos as denominacións corredor e axente no ámbito do comercio, e chegabamos á conclusión de que conviña considerar ambas como aceptables, pois designaban conceptos diferentes. Pero primeiro o Dicionario xurídico galego, e despois o Dicionario académico, optaron por recomendar corretor como a forma correcta de referirse ao primeiro deles en galego.
     
  • O número 78 dedicámolo a buscar nomes galegos para o concepto que en inglés se coñece como e-learning. De entre as alternativas que barallamos parecíanos que as máis acaídas podían ser teleformación, formación en liña e ensino en liña. Pero a Academia veo doutro xeito e acaba de recomendar aprendizaxe en liña.
     
  • Na número 88 fixámonos no uso de alias e alcume no ámbito da informática e as redes sociais, e chegamos á conclusión de que era preferible empregar unicamente a primeira desas formas. pois alcume ten unhas connotacións negativas que non parecían encaixar cos conceptos que pretendía representar. Pola contra, o Dicionario da RAG presenta alias e alcume como formas sinónimas no ámbito da informática.
     
  • A precisión 138 dedicámola a valorar que nome sería preferible en galego para o dispositivo electrónico que en inglés se coñece como tablet. A nosa conclusión foi desbotar tableta, exactamente o contrario do que a Academia acaba de facer, recomendando esa forma como a apropiada.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Martes, 14 de outubro de 2014