Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

174. Abellóns por control remoto

Se o futuro é como nolo anuncian, parece que non pasara moito tempo sen que enxamios de robots voadores circulen sobre as nosas cabezas facendo as máis diversas tarefas (algunhas ben pouco confesables). Se van ser os nosos veciños, vai sendo hora de que pensemos en darlles un nome.
 

Ao estaren vinculados en orixe á tecnoloxía militar, e ao teren un aspecto semellante ao dun avión, os seus primeiros nomes foron puramente descritivos: aeronave non tripulada ou vehículo aéreo non tripulado, copiando o inglés unmanned aircraft e unmanned aerial vehicle.
 

Pero co tempo, o trebello foise popularizando fóra do ámbito militar, ao abaratarse o seu custo e comezar a ser aplicado con novas finalidades. En paralelo, tamén se estendeu en inglés o nome drone -literalmente abellón- como o xeito máis habitual de referirse a el.
 

Esta palabra encaixa sen maiores dificultades nas linguas romances, e por iso practicamente todas a aceptan sen modificacións (drone, en portugués, francéscatalán e italiano) ou con cambios mínimos (dron en castelán). E en galego, que?
 

Pois no uso real podemos atopar exemplos de ambas as formas, e existen argumentos para xustificar calquera delas: drone, como imitación da forma escrita, e dron, como copia da pronuncia orixinal.
 

 Nunha situación así, non me atrevo a dicir que debamos desbotar unha das dúas alternativas, pero dado que a harmonización coas linguas romances -e nomeadamente co portugués- é un dos fundamentos na norma do galego, creo que deberiamos darlle prioridade ao uso de drone.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Mércores, 18 de xuño de 2014