Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

De moitos animais sempre se di que "só lles falta falar", ou que son coma a xente "fóra a alma", por iso sorprende que ás veces nos enleemos ao darlles nome aos sons con que se comunican con nós ou cos seus conxéneres.
 

Isto vén a conto de que en galego non temos claro como chamarlle a este son tan típico dos gatos e doutros felinos, que é a súa forma de manifestar confianza e tranquilidade en relación co seu contorno (outros gatos, humanos...).
 

Na maior parte das linguas románicas o seu nome constrúese a partir dunha onomatopea ("ron"), que intenta reproducir ese son. Así, en castelán fálase de ronroneo (e de ronronear, para a acción de emitilo), en portugués de ronrom (e ronronar), en francés de ronron ou ronronnement (e ronronner) e en catalán de ronc (e roncar). No entanto, linguas que non proveñen do latín, empregan denominacións de orixes distintas, como o purr do inglés ou o Schnurren do alemán.
 

En galego, a Real Academia aconséllanos no Dicionario castelán-galego o uso de rosmar ou roñar, que tamén parecen querer reproducir o son do animal. Pero cando imos comprobar no Dicionario da lingua galega a coherencia desta recomendación batemos cunha sorpresa: na definición de ambos os verbos destácase que ese son é 'xordo e áspero' e que se emite cando o animal está 'en actitude de defensa'. Se a iso lle unimos que ofrece sinónimos como gruñir, non parece que estean describindo o son que puidemos escoitar antes.
 

Se desbotamos, logo, o uso de calquera deses dous verbos, debemos buscar unha alternativa. E, posiblemente, a mellor sexa ronronar, unha forma documentada en galego, polo menos desde o Catecismo do labrego de Lamas Carvajal, e totalmente coherente coas formas empregadas no noso contorno lingüístico.
 

Resumindo: pensamos que ronrón e ronronar poderían empregarse en galego para definir ese son tan característico do gato e doutros felinos no canto das formas que neste momento se están recomendando desde os dicionarios académicos.


 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Martes, 29 de outubro de 2013